A Fundación TIC da Deputación de Lugo vai apoiar novamente o comercio local, e farao elaborando contidos audiovisuais do desfile Lugo vístese de primavera para seren promovidos e difundidos por toda a provincia e polas principais redes sociais. Así se fixo saber, na presentación da dita pasarela lucense de moda, un acto no que participaron a deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, a concelleira de Economía, Ana Prieto Nieto, e a presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, Marta López Yáñez.
Segundo fixeron saber, a segunda edición do desfile, novamente organizado pola dita asociación co apoio da Deputación e do Concello, ten como finalidade “reactivar o comercio de proximidade e dar a coñecer e poñer en valor os produtos que ofrecen”. O Executivo provincial destina 1.500 euros á celebración desta cita, na que participan 21 comercios (amosando as súas propostas a través dunha trintena de modelos, nenos e adultos). O evento será o 7 de xuño ás 20:30 horas nos corredores do andar baixo do pazo de San Marcos. A entrada será de balde, tendo un aforo limitado de 300 persoas, e poderanse conseguir nos diferentes comercios participantes.
A Fundación TIC promoverá o desfile Lugo vístese de primavera
Compartir Este Artigo
