SmartPEME, a rede de formación e asesoramento TIC impulsada pola Deputación de Pontevedra, vai ofrecer este mes de xuño (nas súas diferentes sedes) un completo feixe actividades de capacitación tecnolóxica para os profesionais, os traballadores, as PEME e os emprendedores locais. Segundo informa a entidade provincial, estamos a falar de medio cento de accións formativas sobre as máis variadas temáticas TIC. Os obradoiros celebraranse nas sedes de SmartPEME en Cambados (Centro Exposalnés), nos viveiros de empresas de Barro, Lalín e A Estrada e nas oficinas de Vigo, Ponteareas e O Porriño. Asemade, celebraranse na sede da Deputación en Pontevedra sete obradoiros formativos. Afondarase nas redes sociais e no seu uso empresarial, no novo regulamento da protección de datos, na seguridade informática, no deseño web ou no manexo de programas informáticos, entre outros temas.
Todas aquelas persoas interesadas en acudir a estes obradoiros, destinados a persoas emprendedoras, autónomas e autónomos e ás PEME da provincia é de inscrición cen por cen de balde, poden apuntarse chamando ao teléfono 886 202 020, escribindo un correo electrónico a info.smartpeme@depo.es ou a través da páxina web www.smartpeme.depo.es.
Comezando polos sete cursos da sede da Deputación na cidade do Lérez, as quendas comezan este 5 de xuño co obradoiro Xestiona o teu negocio dende o móbil, ás 19:00 horas (todas as accións de xuño en Pontevedra terán lugar nese mesmo horario). Nesa mesma semana, o día 7, será a quenda de Márketing de contidos: Como xerar unha estratexia efectiva. A seguinte semana haberá dúas accións, a primeira o martes 12 baixo o nome Parte Práctica da Lei de Protección de Datos 2018, RGPD Europeo (que será retransmitida en directo para todas as persoas interesadas que non poidan asistir) e, a seguinte, CRM, o cliente como centro da estratexia de negocio. Módulo I o día 14 de xuño. O seguinte curso, Edición de fotografía para plataformas e-commerce, impartirase o martes 19. Esa mesma semana, o día 21, será a quenda de Pagos co móbil, últimas tendencias. Por último, o martes 26 será a quenda de Crea presentacións profesionais con Prezi.
Polo que se refire á sede de Lalín, dará acollido outras sete accións formativas ao longo deste mes. A primeira cita celébrase este 5 de xuño ás 19 h co curso Crea o teu Propio Logotipo con Canva. Eset xoves de xuño ás 17 h impartirase A túa Información Sempre a Man: Almacenamento na Nube. O martes 12 de xuño ás 19 h desenvólvese Parte Práctica da Lei de Protección de Datos 2018, RGDP Europeo (retransmisión en vivo). O xoves desa mesma semana, á mesma hora, celebrarase o curso Utiliza Instagram para Promover e Vender os teus Produtos. Seguindo cos cursos do mes de xuño, o luns 18 ás 19 h celebrarase Rendabiliza o teu Perfil Profesional en Facebook e o 20 de xuño celebrarase, nesta ocasión no viveiro de empresas da Estrada, o curso Woocommerce II-A Solución para Vender por Internet. Por último, o martes 26 de xuño impartirase o obradoiro Ferramentas de Google para a Promoción de Negocios Locais.
Polo que atinxe á sede de SmartPEME en Barro, celebrará outros sete obradoiros. As quendas comezan este 5 de xuño coa acción Parte práctica da Lei de Protección de Datos 2018, RGPD Europeo (con retransmisión en directo do obradoiro). O día 14 desenvolveranse as dúas partes do obradoiroA mellor imaxe para inmobiliarias, unha estratexia de éxito, impartíndose o módulo I ás 18:30 horas e o módulo II ás 20:00 horas. O martes da seguinte semana tamén se impartirán as dúas partes do curso En que teño que fixarme para facer un modelo 3D?, ás 18:30 celebrarase o primeiro módulo e ás 20:00 o segundo. Por último, Iniciación ao escaneado 3D – Modulo I e Iniciación ao escaneado 3D – Módulo II impartiranse o martes 26 de xuño ás 18:30 horas e 20:00 horas, respectivamente.
Polo que se refire á área de Vigo, serán 20 cursos TIC. As quendas para a oficina de Vigo comezan este 5 de xuño ás 19:00 horas con Emprego de vídeos nas redes sociais: Youtube, Periscope…. A seguinte acción será Edición de fotografía para plataformas e-commerce, o xoves ás 19 h. O curso Parte Práctica da Lei de Protección de Datos 2018, RGPD Europeo (retransmisión en vivo do obradoiro) chegará a Vigo o martes 12 tamén ás 19:00 horas. O xoves desa mesma semana á mesma hora impartirase Como presentar a túa idea de forma efectiva en tan só 5 minutos. O 19 de xuño será a quenda de Promove o teu perfil en Facebook con aplicacións externas, ás 19 h. A acción Plataformas online para crear o teu e-commerce chegará o 21, pero nesta quenda ás 17:00 horas. Para rematar, o 26 ás 19:00 terá lugar o curso Pasarelas de pago para o comercio electrónico. Ademais, o 28 de xuño, enmarcadas no Día do asesorado SmartPEME, terán lugar as seguintes accións: Plataformas de comercialización para vivendas e apartamentos turísticos. Que é e para que serve Arduino ás 10:00 horas,E-commerce. O teu propio canle de venda en liña. A innovación como ferramenta para PEME ás 12:00 horas, Fotografía para e-commerce. Márketing de contidos ás 16:00 horas e, por último, Técnicas de promoción en liña para empresas turísticas. Ferramentas de prototipado rápido ás 17:00 horas.
A oficina de Ponteareas, pola súa banda, dará acollida ás seguintes actividades: Seguridade informática: conceptos básicos, hoxe ás 19:00 horas, Imos chamar á porta da túa clientela: Posicionamento SEO, o día 7 á mesma hora, Parte Práctica da Lei de Protección de Datos 2018, RGPD Europeo (retransmisión en vivo do obradoiro), o día 12, e Fotografía os teus produtos ou servizos para as redes sociais, o día 14 no horario habitual. Pola súa banda, a formación Crea un plan de social media para a túa empresa turística chegará o 19 de xuño, nesta ocasión ás 17:00 horas. A quenda do curso Pasarelas de pago para o comercio electrónico será o día 21 ás 19:00 horas. Xa por último, o 26 de xuño á mesma hora, Rentabiliza o teu perfil profesional en Facebook será a acción que impartirá o persoal do programa.
O programa de xuño da oficina do Porriño, pola súa parte, comeza hoxe ás 19:00 horas co curso Google Analytics: Iniciación á analítica Web. Prosegue con Parte Práctica da Lei de Protección de Datos 2018, RGPD Europeo (retransmisión en vivo do obradoiro), que chegará o 12 de xuño á mesma hora. A acción Como ser eficiente na organización do teu tempo: trello e toggl terá lugar o 14 de xuño, na hora habitual. O 19 será a quenda de Imos chamar á porta da túa clientela: Posicionamento SEO. O xoves desa mesma semana, tamén ás 19:00 horas, impartirase o curso Facebook Ads e, finalmente, Fotografía gastronómica co teu móbil o 26 de xuño á mesma hora.
Por último, o Centro Exposalnés de Cambados dará acubillo a sete accións formativas. Estas comezan hoxe co curso (ás 19 horas) Unifica a Xestión das túas Redes con Hootsuite. O día 7 de xuño, tamén ás 19 horas, chega Como Ser Eficiente na Organización do teu Tempo: Trello e Toggl. O día 12, á mesma hora, realizarase a acción Parte Práctica da Lei de Protección de Datos 2018, RGPD Europeo, a cal contará cunha retransmisión en vivo. O xoves desa mesma semana, o día 14 á mesma hora, será a quenda de Marketing de Contidos: Como Xerar unha Estratexia Efectiva. O 19 de xuño ás 19 horas chega Google Calendar, Moito Máis que unha Axenda. O xoves desa mesma semana, á mesma hora, é a quenda de Crea o teu Propio Logotipo con Canva. Por último, Desenvolve a túa Propia Estratexia de Email Marketing chegará o martes 26 de xuño ás 19 horas.
Novidades deste ano ao abeiro de SmartPEME
A Deputación de Pontevedra lembra que o proxecto SmartPEME comezou en 2018 afrontando unha nova etapa na súa andaina, un novo treito no que o programa verá aumentados os servizos a fornecer, abrindo tres novas grandes liñas como son o Centro Provincial de Economía Dixital (CPED), que estará situado no viveiro de empresas de Barro, SmartPEME Impulsa e TurisTIC, que se irán facendo dispoñibles para as persoas autónomas e empresas a partir dos vindeiros meses.
A través do Centro Provincial de Economía Dixital vaise mostrar ás empresas as ferramentas, aplicacións e solucións innovadoras máis relevantes que a economía dixital ofrece. Para iso, o CPED apoiarase nas instalacións do FabLab que a Deputación de Pontevedra ten instalado no viveiro de Barro.
Doutra banda, SmartPEME Impulsa abrirá novas vías de asesoramento en materia de innovación, competitividade e internacionalización, “unindo deste xeito os obxectivos das empresas coas máis novas tecnoloxías, procesos e servizos”, explica a Deputación, engadindo que TurisTIC, como indica o seu nome, presentarase como “un punto de apoio tecnolóxico para o o sector turístico”. Trátase dun servizo enmarcado no Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas e que pretende potenciar o sector a través de axudas ás empresas para adaptarse á contorna dixital.
Datos sobre o Proxecto SmartPEME
SmartPEME é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das PEME e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos eidos de actuación e acada novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos.
O devandito obxectivo, nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas, Vigo, A Estrada e (agora tamén) Barro, abrangue seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.
SmartPEME ofrece en xuño medio cento de obradoiros TIC de utilidade profesional e empresarial
Compartir Este Artigo
