A operadora R abriu hoxe un novo establecemento na nosa terra. Máis polo miúdo, no Centro Comercial Catro Camiños da Coruña, onde a empresa de telecomunicacións de raizame galega (agora integrada no Grupo Euskaltel) quere marcar un antes e un despois en materia de tendas de servizos de comunicación. En palabras de R, trátase dun espazo “con imaxe innovadora e moito máis interactiva”. O establecemento está no andar baixo, no local ocupado ata o de agora por Zara Home. A habitabilidade e o deseño de interiores é obra de Metrocuadrado e Tatto Contract.
A superficie da tenda é de 90 metros cadrados e está concibida, en palabras da operadora, “para interactuar co cliente e ofrecer unha atención personalizada que lle permita tirarlle todo o partido aos servizos avanzados de telecomunicacións de R”.
Segundo engade a empresa a xeito de visita guiada anticipada, nunha primeira zona da tenda (logo do limiar) recíbese ao visitante cunha grande letra “R” corpórea de 1,62 metros de altura. Neste “post-limiar”, o público pode facer cousas como ver a nova televisión da operadora co desco 4k, agardas a súa quenda co “fondo dunha música suave” ou informarse sobre todos os detalles de móbiR nunha tableta táctil á súa disposición. Amais, tamén terá á súa disposición os terminais do expositor para interactuar con eles e acceder á información de cada teléfono nunha pantalla.
A zona posterior da tenda fica reservada basicamente para a atención personalizada ao cliente, con mostradores, asentos e varias pantallas onde se poden facer demostracións ou explicar o funcionamento de produtos e servizos da empresa.
Ao igual que na última tenda R aberta en Pontevedra, o novo local da Coruña conta con sinalización dixital no canto da cartelaría en papel tradicional: máis dunha ducia de pantallas, entre exteriores e interiores.
Con esta de Catro Camiños, son xa 55 as tendas R que o operador ten despregadas na nosa terra, amais de preto de 60 puntos de venda doutros tipos.
R aposta pola interactividade na súa tenda no Catro Camiños da Coruña
Compartir Este Artigo
