Hai un par de anos Instagram estreaba as súas historias nunha clara imitación a Snapchat, o que o tempo demostrou que fora todo un acerto, de xeito que Instagram conseguiu eclipsar ao seu emerxente competidor ata conseguir que o novo formato conte con máis de 400 millóns de usuarios ao día, de aí que celebren con ledicia este segundo aniversario.
Dende Instagram aproveitan o momento festivo para facer un reconto dos fitos das súas historias, que en novembro de 2016 estrearon os célebres boomerang, en outubro de 2017 incorporaron o superzoom, en febreiro de 2018 incluíron un tipografías para os textos e incluso o mes pasado incorporaron adhesivos con preguntas, demostrando que esta ferramenta é un terreo ideal para a experimentación e a innovación constante, cuns usuarios comprometidos que se botan a probar cada funcionalidade con entusiasmo, descubrindo así novos modos de comunicarse co mundo.
O crecemento das historias de Instagram é especialmente destacable porque ese formato nacera en Snapchat tres anos antes, pero en Instagram conseguiron callar dun xeito máis profundo, en boa medida polo accesible que facía a creación das historias e a incorporación dos seus elementos interactivos. Tamén está considerado todo un acerto que as historias tomasen un cariz informal, de xeito que o público tende a compartir imaxes e vídeos con adhesivos do máis variado sen buscar un deseño coidado como normalmente vemos noutras plataformas. Conseguiron converterse nun lugar no que millóns de usuarios están cómodos, e tal foi este éxito que incluso agora Instagram quere aproveitalo para competir con YouTube a través de IGTV, plataforma audiovisual que nos vindeiros meses terá que demostrar se realmente hai espazo para unha proposta tan radical na que reina o vídeo vertical de longa duración.
As historias de Instagram cumpren 2 anos
Compartir Este Artigo
