Instagram estrea historias ao estilo de Snapchat

martes, 2 de agosto do 2016 Marcus Fernández

A última actualización de Instagram incorpora unha nova funcionalidade, Stories, que permite compartir todos os momentos do día, non só os que queren conservarse no perfil, senón que a medida que se comparten fotografías e vídeos estes irán aparecendo en formato de película para formar unha historia.
Os usuarios poden compartir todos os vídeos e fotografías que queiran, engadirlles texto ou debuxar sobre eles dándolles vida, desaparecendo estas creacións transcorridas 24 horas e non figurando na cuadrícula do perfil nin na sección de novas, ou sexa, que temos o que a todas luces parece unha copia descarada das historias de Snapchat.
A nova funcionalidade está accesible dende a parte superior da aplicación de Instagram, onde temos un botón para iniciar a creación dunha nova historia, á vez que tamén temos unha fila de círculos de usuarios que serven para acceder ás historias creadas polas persoas ás que seguimos, deixando claro que é un tipo de contido que non se mesturará co que estamos afeitos en Instagram.

A renovación de Instagram achega cada vez máis a aplicación a Snapchat
As Instagram Stories serán slideshows que só estarán visibles durante 24 horas

PUBLICIDADE