Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O pulo innovador dos empregados públicos terá recoñecemento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O pulo innovador dos empregados públicos terá recoñecemento

Redacción
Publicado: 19/02/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

empregadas_publicas.jpgO compromiso do funcionariado co renovación tecnolóxica dos servizos públicos vai ter recoñecemento. Así o fixo saber estes días a Consellería de Economía, que puxo en marcha o primeiro Premio aos empregados públicos innovadores, co obxectivo de recoñecer “o compromiso das persoas que fan posible unha Administración pública máis eficiente, moderna e innovadora”. Ademais, teranse en conta os esforzos das traballadoras e traballadores por acadar as máis amplas equidade e cobertura para os servizos emprestados.
A iniciativa, impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), é unha das actuacións específicas recollidas no Programa integral de impulso da Compra Pública de Innovación (Programa Innpulsa CPI). O premio ten a súa orixe nunha constatación: son as propias persoas, neste caso as traballadoras e traballadores da Administración, as que teñen demostrado máis capacidade para transformar a contorna de traballo na que se desenvolven. Polo tanto, o galardón xorde “co obxectivo de motivar, sensibilizar e incentivar aos empregados públicos que participan de forma activa nos diferentes procesos da innovación”.
Segundo informa GAIN, poden postularse a estes recoñecementos todos os empregados públicos da Xunta de Galicia e os seus entes instrumentais, tanto de xeito individual como en grupos de dúas a cinco persoas. Segundo a convocatoria, establécense dúas categorías. Na categoría de identificación de oportunidades, onde se deberá detallar unha problemática e as vantaxes de resolvela, a gañadora ou gañador conseguirá un asesoramento personalizado no que se identificarán fontes de financiamento a nivel europeo e nacional, e elaborarase o material preciso para a solicitude de financiamento.
Por outra banda, na categoría de proxectos innovadores, na que se recoñecen iniciativas xa realizadas ou en curso, existen dúas subcategorías: a temática máis innovadora e a mellor actitude innovadora. Para ambos os dous aspectos recoñecidos, poderán optar a gañar unha visita a un laboratorio de innovación internacional. Tamén poderán participar nun curso personalizado en innovación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?