Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os cursos Celga 3 ofrécense por primeira vez en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os cursos Celga 3 ofrécense por primeira vez en liña

Redacción
Publicado: 19/02/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

celga3_en_linha.jpgO Plan de formación en lingua galega da Xunta de Galicia continúa a súa aposta pola formación en liña para chegar a calquera lugar e adaptarse aos diferentes horarios da poboación adulta, facilitando deste xeito o seu acceso ao coñecemento do galego. En concreto, a teleformación inclúe este ano por primeira vez cursos do nivel Celga 3 que se suman aos dos niveis Celga 1 e Celga 4 xa existentes. Así se recolle hoxe na resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística que publican o Diario Oficial de Galicia e o Portal da Lingua Galega pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (código de procedemento PL600A).
A convocatoria ofrece un total de 36 cursos, 15 dos cales se impartirán na modalidade presencial, en tanto os 21 restantes se ofrecen na de teleformación. O prazo de presentación de solicitudes abrangue desde mañá, 20 de febreiro, ata o 11 de marzo. No caso dos 21 cursos de teleformación a inscrición debe facerse exclusivamente a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia, na que tamén están a disposición da cidadanía os formularios de solicitude dos cursos presenciais. Cada persoa poderá solicitar un único curso.

Dos 21 cursos en liña que se celebrarán este ano, 3 estarán centrados no nivel Celga 1, 7 no Celga 3 e 11 no Celga 4. Co fin de garantir que a oferta formativa chega a todo o territorio de Galicia, para os niveis Celga 3 e Celga 4 establécense diferentes ámbitos xeográficos nos que se reparten os diferentes cursos. Aos ámbitos provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra engádese este ano o do Bierzo e Sanabria, ao que se destina un curso preparatorio do Celga 4. Deste xeito, favorécese ao acceso á formación en lingua galega e a normalización lingüística nos territorios galegofalantes limítrofes, en consonancia co establecido no Protocolo de colaboración para a promoción da lingua galega asinado pola Xunta de Galicia e a Junta de Castilla y León con data do 30 de agosto de 2006. Haberá tamén un curso Celga 3 e outro Celga 4 que non estarán adscritos a un ámbito xeográfico concreto e aos que poderán acceder persoas empadroadas fóra de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?