Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As revolucións de Internet, polo miúdo nun libro de investigadores da UVigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As revolucións de Internet, polo miúdo nun libro de investigadores da UVigo

Redacción
Publicado: 20/02/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_ponextstation3.jpgA Universidade de Vigo vén de presentar un libro que avalía os fenómenos comunicativos aos que nos está a someter a Internet e a Sociedade da Información, piares actuais e futuros do fluxo de coñecemento e, tamén, elementos xeradores de oportunidades empresariais e revolucións sociais da máis variada índole. Estamos a falar de To the Next Station. Papers on Culture and Digital Communication, unha obra coordinada polo profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Benigno Fernández Salgado e a docente da Facultade de Filoloxía e Tradución María José Corvo.
En termos concretos, o volume reúne 13 estudos, na súa meirande parte de investigadores e investigadoras ligadas ao programa de doutoramento en Comunicación da UVigo (desenvolvido polas ditas dúas facultades), e que afondan en temáticas como os usos tecnolóxicos da mocidade e a súa incidencia na construción dunha identidade, a información a gran escala (Big Data) ou os algoritmos que determinan as recomendacións en redes sociais.
Publicado en inglés pola editora Peter Lang, To the next station tenta mostrar os diferentes ámbitos de investigación dun programa de doutoramento que constituíu, sinalan, “a primeira iniciativa académica de colaboración” entre dúas facultades, “que aparentemente converxían na abordaxe e estudo de temas comúns con presupostos, teorías e metodoloxías non tan diferentes como se podería supoñer”.
Artellada en bloques, a obra ábrese co artigo no que Fernández Salgado e Corvo reflexionan sobre a importancia da investigación na Internet e nas consecuencias no noso xeito de comunicarnos, para logo dar paso ás contribucións de investigadoras como Helena Cortés, de Filoloxía e Tradución, que reflexiona sobre “os límites da comunicación humana partindo do caso exemplar da tradución dun vocábulo aparentemente tan simple como pan”; ou Lourdes Lorenzo, da Universidade de Vigo, e Tomás Costal, da UNED, que abordan dende o punto de vista legal a proliferación en Internet de traducións audiovisuais de carácter amateur. A continuación é a quenda da doutora en Comunicación Josefa Piñeiro, que suma a esta publicación unha investigación dos usos tecnolóxicos dun grupo de rapaces co propósito de identificar “prácticas que enxergan por un lado fórmulas de construción identitaria e por outro modos de transferencia cultural na contorna dixital”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?