Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Víctor Salgado debateu co CPEIG sobre protección de datos, Intelixencia Artificial e postverdade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Víctor Salgado debateu co CPEIG sobre protección de datos, Intelixencia Artificial e postverdade

Redacción
Publicado: 21/02/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sesion_con_victor_salgado.jpgHoxe celebrouse unha nova sesión do programa de debates tecnolóxicos tres14.pm, posto en marcha polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) para impulsar o intercambio de coñecemento e o networking entre as colexiadas e colexiados, por unha banda, e profesionais expertos e referenciais, pola outra. A actividade desenvolveuse no restaurante Árbore da Veira no Mirador do Monte de San Pedro da Coruña. O persoeiro convidado foi o avogado especializado en TIC Víctor Salgado Seguín, quen centrou o seu relatorio en tres liñas argumentais: o regulamento sobre protección de datos, a lexislación relacionada coa Intelixencia Artificial, e o tratamento dos datos das redes sociais por parte dos partidos políticos.
Salgado abriu fogo debullando as normativas actuais referentes á protección de datos, poñendo o foco no Regulamento Xeral de Protección de Datos da Unión Europea de 2016 e na Lei Orgánica de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais de 2018, onde se establecen novas obrigas e responsabilidades para as empresas e profesionais que traten datos. Relacionou tamén estas normas cos novos modelos de negocio que xorden na Rede e o que contempla o actualizado Réxime Sancionador de Protección de Datos.
No relativo á Intelixencia Artificial, Víctor Salgado compartiu cos asistentes o contexto legal actual, destacando que se trata dunha tecnoloxía que queda fóra da lexislación, aínda que existe un proxecto da Unión Europea para regular esta cuestión, establecendo límites e un código ético, tanto para compoñente de software como de hardware. Comentou tamén os modelos de IA máis coñecidos a día de hoxe, como son a explotación de datos que usa Google (Google Assistant) e Amazon (Alexa) ou outro asistente de voz como o Siri de Apple.
Outro tema relevante que tratou Víctor Salgado foi o tratamento que realizan os partidos políticos dos datos persoais presentes nas redes sociais a través das tecnoloxías de análise da información a gran escala, o Big Data, aspecto que contempla a actual lei española de protección de datos.
Ao fío do devandito, Salgado tamén tocou temáticas como a postverdade, un novo concepto que alude á manipulación e a difusión de noticias falsas para influír na sociedade e na súa vontade de voto. Como exemplos reais disto, lembrou os escándalos relacionados coa compañía inglesa Cambridge Analytica que supostamente utilizou datos de contas de Facebook para a campaña de Trump e no proceso electoral do Brexit. “Sospeitamos que esta é a punta do iceberg polo que se precisa maior vixilancia na protección de datos e na privacidade dos usuarios de redes sociais. En España non se confirmou ningún caso. Aínda que todos os partidos políticos están presentes e activos nas redes sociais, ata a fecha non hai constancia de técnicas semellantes”, dixo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?