Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Víctor Salgado protagoniza hoxe unha nova sesión do programa tres14.pm
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Víctor Salgado protagoniza hoxe unha nova sesión do programa tres14.pm

Redacción
Publicado: 21/02/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Víctor Salgado contribuirá ao evento ilustrando sobre a problemática legal que xurde do sector TIC
Víctor Salgado contribuirá ao evento ilustrando sobre a problemática legal que xurde do sector TIC
O programa de eventos tres14.pm, posto en marcha polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) co fin de xerar coñecemento e networking profesional, vai dar este xoves un novo paso na súa relevante andaina. Logo da sesión celebrada os días pasados na Casa de Europa de Santiago con Julio José Fernández Rodríguez, hoxe é a quenda de impulsar o debate na compaña de Víctor Salvado, avogado especialista en novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC). Na cita, destinada ás colexiadas e colexiados do CPEIG, abordaranse cuestións como as normativas sobre protección de datos, a futura lexislación da Intelixencia Artificial e o tratamento de datos persoais das redes sociais por parte dos partidos políticos.
A actividade celebrarase no restaurante Árbore da Veira do Monte de San Pedro da Coruña (Estrada Os Fortes, s/n), entre as 14:00 e as 17:30 horas. O persoeiro convidado será, como dixemos, o avogado especializado en TIC Víctor Salgado Seguín. O experto centrará a súa exposición en tres liñas argumentais: o regulamento sobre protección de datos, a lexislación relacionada coa intelixencia artificial, e o tratamento dos datos das redes sociais por parte dos partidos políticos.
Nun primeiro momento, Víctor Salgado comentará aos asistentes as normativas actuais referentes á salvagarda da información, allea e propia. Falará do Regulamento Xeral de Protección de Datos da Unión Europea de 2016 e da Lei Orgánica de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais de 2018, onde se establecen novas obrigas e responsabilidades para as empresas e profesionais que traten con información de persoas e entidades. Ademais, Salgado relacionará tamén estas normas cos novos modelos de negocio que xorden na rede e o que contempla o actualizado Réxime Sancionador de Protección de Datos.
No relativo á Intelixencia Artificial, o relator compartirá cos asistentes o contexto legal actual, facendo fincapé no que esta tecnoloxía se atope a día de hoxe fóra da lexislación, aínda que existe un proxecto da Unión Europea para regulala, establecendo límites e un código ético, tanto para compoñente de software como de hardware. Comentará tamén os modelos de IA máis coñecidos a día de hoxe, como son a explotación de datos que usa Google (Google Assistant) e Amazon (Alexa) ou outro asistente de voz como o Siri de Apple.
Outro tema relevante que tratará Víctor Salgado será o tratamento que realizan os partidos políticos dos datos persoais presentes nas redes sociais a través da tecnoloxía di Big Data, aspecto que contempla a actual lei española de protección de datos. O programa da sesión de hoxe tamén inclúe un debate arredor da posverdade, un novo concepto que xorde pola manipulación e a difusión de noticias falsas para influír na sociedade e na súa vontade de voto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?