Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Blockchain.gal amosou en Santiago os detalles da revolucionaria tecnoloxía Lightning Network
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Blockchain.gal amosou en Santiago os detalles da revolucionaria tecnoloxía Lightning Network

Redacción
Publicado: 22/02/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

blockchain_gal_cesga.jpgBlockchain.gal, comunidade galega centrada en divulgar os usos e vantaxes da nova tecnoloxía de cadea de bloques, celebrou este xoves 21 de febreiro, en Santiago, un relatorio sobre Lightning Network, a solución de adaptación e evolución das criptomoedas que abre un importante abano de posibilidades de pagos en diferentes contornas e situacións.
A cita comezou da man de Luis Miguel Louzao, membro da asociación Blockchain.gal, quen arrancou o seu relatorio facendo unha introdución das potencialidades de Lightning Network. Segundo fixo saber, LN é ante todo solución a todos os problemas de escalado, evolución e adaptación que se derivan do espallamento da moeda virtual e das complexidades que xorden das operacións de transferencia con este tipo de moedas.
LN, engadiu, constitúe unha solución de segunda capa que pon en xogo respostas relevantes para as conxestións sufridas pola Rede coa aparición deste tipo de actividade económica innovadora: cousas como unha notable lentitude no procesamento das operacións ou as altas comisións que se cobran para realizar transaccións.
LN, para quen no o saiba, é un protocolo que funciona como unha capa alterna á Blockchain da criptomoeda, e que está chamado a posibilitar a creación de canles de pago alternas que se executarán directamente entre as partes interesadas, axilizando os tempos de execución das operacións. Na rede Lightning os pagos son inmediatos e non precisan confirmación dos bloques. Ademais, fai posible o envío de pagos miúdos sen risco de custodia. En liñas xerais, é quen de desconxestionar a rede blockchain.
Sobre a comunidade galega
Blockchain.gal é unha comunidade que ten como obxectivo divulgar os beneficios das tecnoloxías relacionadas coas redes blockchain e o seu impacto na sociedade. A actividade visible da asociación comezou en xaneiro do ano pasado en Compostela, na sede do CESGA, e logo estendeuse a outras cidades da nosa terra como por exemplo Vigo ou Coruña, desenvolvendo sesións técnicas e divulgativas sobre a dita tecnoloxía e as amplas posibilidades. Por contidos, os integrantes de Blockchain.gal adoitan ir alén do tecnolóxico, abordando tamén temáticas relacionadas con aspectos legais e fiscais (tendo en conta que a cadea de bloques están na orixe e no impulso das moedas virtuais).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?