Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O GRUVI fai un chamamento ao alumnado da UVigo para recuperar equipos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O GRUVI fai un chamamento ao alumnado da UVigo para recuperar equipos

Redacción
Publicado: 22/02/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_oma1.jpgO Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo (GRUVI), integrado na Oficina de Medio Ambiente, vén de iniciar unha campaña para xuntar fileiras, na comunidade universitaria, a prol da reciclaxe e recuperación de equipos. A iniciativa de voluntariado ambiental impulsada pola OMA require alumnas e alumnos con formación relacionada no ámbito informático, electrónico ou eléctrico e que estean dispostas/os a colaborar de dúas a catro horas á semana na recuperación dos equipos, labor na que contarán coa axuda do persoal da oficina e dun bolseiro propio do GRUVI.
“A función principal é a recuperación de material informático, pero este grupo cumpre tamén un obxectivo de carácter formativo xa que o alumnado en prácticas, tanto voluntarios coma bolseiros, aprenden moito sobre todo o que ten que ver coa recuperación de equipos”, subliña Sergio Ramos, técnico superior da OMA. Traballarase con todo tipo de aparellos informáticos, dende torres e pantallas, pasando por cables, impresoras e cartuchos de tinta.
“Na última convocatoria entregáronse 26 equipos e, recentemente, entregáronse outros dez que sobraron desa convocatoria ao CEIP O Sello de Cabral en Vigo”, salienta Alejandro Prado, estudante do Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e actual bolseiro do GRUVI. Ademais dos propios equipos da Universidade, contan tamén con outros que proveñen das distintas campañas de recollida dos RAEE (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos) promovidas pola OMA en colaboración co Green Campus de Pontevedra.
Unha vez reparados foméntase o emprego do software libre mediante a instalación de sistemas operativos Linux e programas de uso cotiá tamén libres, como pode ser o caso do Libre Office.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?