Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo debateu no Vello Cárcere sobre as adiccións derivadas dun mal uso das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lugo debateu no Vello Cárcere sobre as adiccións derivadas dun mal uso das TIC

Redacción
Publicado: 25/02/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

lugo_neoadiccions.jpgO Concello de Lugo organizou o pasado 21 de febreiro unha xornada de participación cidadá para informar da problemática dos novos trastornos aditivos e dos malos hábitos relacionados coas tecnoloxías e os seus servizos, de especial incidencia nas novas xeracións e decote derivados dun emprego excesivo e sen control. A cita, que se desenvolveu nas instalacións do Vello Cárcere, contou coa presenza da concelleira de cultura e xuventude, Carmen Basadre, que inaugurou a mesa redonda Xuventude e adiccións sen sustancia: as neoadiccións e apostas online.
A sesión, moderada polo xornalista Juan Carlos Rodríguez, contou tamén coa participación de Manuel Isorna, doutor en Psicoloxía, Gerardo Rodríguez, da Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados e María José Lamas, directora de ADAFAD. A cita emarcouse dentro das mesas redondas sobre mocidade que vén organizando nos últimos meses o Goberno de Lugo.
Na xornada, que contou con testemuños en primeira persoa, lembrouse que a problemática dun mal uso das TIC é unha cuestión en auxe cuxas consecuencias reflíctense en múltiples aspectos do noso día a día, nas familias e nos colexios. Amais, no debate analizáronse determinados comportamentos cada vez máis estendidos entre a mocidade e as orixes dos mesmos, e púxose o foco no perigo potencial de determinados servizos. A maiores, achegáronse unhas cantas recomendacións de valor evitar que medren entre a nosa xuventude os trastornos causados polas novas adiccións sen sustancia: recomendacións que teñen e común facer fincapé na formación, a divulgación, a concienciación e o asesoramento axeitado.
A seguinte mesa programada celebrarase o 27 de marzo e versará sobre Xuventude, amor e sexualidade: as nosas relacións. Tamén será no patio do Vello Cárcere, a partir das 19:00 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?