Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Grupo GTI da UVigo participa en Barcelona no Mobile World
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Grupo GTI da UVigo participa en Barcelona no Mobile World

Redacción
Publicado: 26/02/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_mobile_world_congress-2.jpgO Grupo de Tecnoloxías da Información, integrado no centro AtlantTIC da Universidade de Vigo, está a participar esta semana en Barcelona no Mobile World Congress (MWC), punto referencial de encontro arredor dos principais avances en tecnoloxía móbil e conectividade, que este ano pon o foco (entre outras cousas) no estándar 5G. Encabezando a delegación da UVigo atópase o investigador Felipe Gil, que lembra que é a segunda vez que participan no evento (formando parte do stand da empresa Cellnex Telecom). Polo congreso está previsto que pasen máis de 100.000 persoas procedentes de máis de 200 países.
O grupo volve compartir espazo con Cellnex, operador europeo de infraestruturas de telecomunicacións sen fíos, presentando os avances do seu traballo conxunto. “Este ano avanzamos máis neste proxecto, un traballo que se insire precisamente en todo o que son as tecnoloxías de telecomunicación 5G”, apunta Gil, ao tempo que salienta que o labor do grupo GTI céntrase en facer as redes máis flexibles e máis dinámicas. “Trátase”, segundo explica, “de que as redes se poidan reconfigurar cando non satisfán os requisitos de latencia ou de capacidade que está demandando o usuario/a”. E engade: “Utilizando diferentes técnicas o que facemos é reconfigurar a rede en tempo real dunha forma intelixente para que sexa capaz de axustarse a eses requisitos ou a esas necesidades”.
Centrado en tecnoloxías intelixentes en rede, aplicacións avanzadas, análise de datos e Intelixencia Artificial, o Grupo GTI da Universidade de Vigo ten unha ampla experiencia en transferencia tecnolóxica, que é, en si mesma, un dos principais fundamentos do Mobile World Congress, precisamente.
Durante a celebración do Mobile World Congress celébrase tamén a 4YFN (4 Years From Now), unha plataforma de negocio de novas firmas innovadoras na que este ano tamén participa Ancora, spin-off da Universidade de Vigo que comercializa licenzas de uso de tecnoloxía en función da súa posible utilización (industria, loxística, oficinas comerciais…) cun modelo de pago recorrente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?