Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ames fai un chamamento a participar no seminario de robótica educativa que se celebra a finais de marzo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ames fai un chamamento a participar no seminario de robótica educativa que se celebra a finais de marzo

Redacción
Publicado: 27/02/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

seminario_robotica_educativa2.jpgOnte o Concello de Ames e máis as entidades organizadoras do evento (Nova Escola Galega e Grupo de investigación en materiais educativos CAVILA) presentaron os detalles do X Seminario Obradoiro Internacional de Materiais Didácticos, que se celebra o 29 e o 30 de marzo no devandito concello e que xa avanzamos os días pasados dende Código Cero. Segundo lembraron, a actividade xurdiu coa finalidade de ofrecer un espazo de encontro para o profesorado e a comunidade educativa (familias, outros/as profesionais…) e co obxectivo de favorecer a análise e utilización crítica dos robots nas aulas de educación infantil, primaria e secundaria.
Amais, nun plano máis concreto, búscase coñecer as tipoloxías de robots e estratexias metodolóxicas para utilizar estes recursos en diferentes etapas educativas; e tomar decisións construtivas respecto do uso dos considerados robots educativos no contextos escolar.
O concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, agradeceulle as entidades organizadoras, Nova Escola Galega e Grupo de investigación en materiais educativos CAVILA, por escoller Ames como o lugar para celebrar a décima edición da xuntanza-obradoiro. “Para Ames é moi boa nova acoller este seminario internacional, que celebra aquí o seu décimo aniversario. Animamos aos docentes dos centros escolares para que se impliquen neste obradoiro e participen no evento, xa que aborda cuestións de grande interese como é a robótica e mailas TIC”. Asemade, o edil fixo un chamamento á veciñanza do concello a participar.
As xornadas artéllanse en dous días. O día 29 o encontro terá lugar no Pazo da Peregrina no que se dará comezo ao seminario cunha conferencia inaugural que servirá para situar o significado das competencias STEM e a súa implicación para a aprendizaxe e o coñecemento. Posteriormente levarase a cabo unha presentación da Aula Nova – CAFI. O día rematará cun encontro Lúdico-Cultural no que se celebrarán os 10 anos do Seminario.
O día 30 o encontro será na Casa de Cultura de Bertamiráns iniciando a xornada cunha exposición fotográfica. Posteriormente levarase a cabo varios obradoiros simultáneos no que os asistentes poderán iniciarse no desenvolvemento práctico da avaliación dos robots como recursos educativos. Estes obradoiros estarán divididos en tres tramos da educación: infantil; primaria e secundaria. Destaca a presenza nestes obradoiros de dúas mestras de educación primaria do CEIP Ponte dos Brozos, de Arteixo, que recibiu en 2018 o terceiro premio do Premio Nacional Fundación GSD de Innovación Educativa polo proxecto Realidade virtual e storytelling.
Para participar nestes obradoiros hai que inscribirse previamente. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 15 de marzo. A entrada será de balde previa inscrición, aberta a todo o público en xeral.
cartel-4.jpgNa presentación, Suso Rodríguez, da Nova Escola Galega, explicou que “vaise facer unha análise sobre o papel que teñen os recursos educativos, entre eles a robótica, no mundo do ensino. Nos últimos dous anos está habendo un gran movemento arredor da robótica en diferentes ámbitos como o educativo, o da investigación e empresarial. Por iso centramos o seminario nesta temática, e de aí vén a pregunta que se propón: Que facer cos robots nas escolas e nos fogares? Así nestas xornadas abordarase que se pode facer cos robots dende a perspectiva educativa, pero, ademais, farase unha análise da metodoloxía educativa”.
Ademais, Suso Rodríguez, engadiu “é de agradecer a colaboración que amosa o Concello de Ames en materia educativa e en concreto no desenvolvemento deste seminario de xeito gratuíto. En Ames sabemos que hai moitas familias interesadas polos recursos educativos e sobre a cuestión da robótica. O que se pretende é analizar este tema dende diferentes perspectivas. Convidamos a participar nesta actividade a todas as familias interesadas, así como ao persoal dos centros de ensino e do mundo empresarial”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?