Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: CPEIG, Abanca, AMTEGA e Gartner mostran en Santiago os grandes desafíos TIC presentes e futuros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

CPEIG, Abanca, AMTEGA e Gartner mostran en Santiago os grandes desafíos TIC presentes e futuros

Redacción
Publicado: 27/02/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O Centro ABANCA Obra Social na praza de Cervantes, en Santiago
O Centro ABANCA Obra Social na praza de Cervantes, en Santiago
Este xoves 28 de febreiro vai ter lugar en Santiago unha máis que relevante cita co futuro tecnolóxico inmediato: un futuro empresarial, social, comunicativo, social e de xestión pública ateigado de posibilidades e vantaxes. Estamos a falar da Xornada de Innovación e Tendencias Tecnolóxicas, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Abanca, AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) e a consultora Gartner.
Na cita participarán uns 120 representantes das principais organizacións tecnolóxicas e empresariais de Galicia. Celebrarase no Centro Obra Social Abanca no 19 da praza de Cervantes, en horario de 9.30 a 13.30 horas. Segundo explican as ditas entidades, a sesión servirá “para enriquecer o ecosistema tecnolóxico e dixital de Galicia”.
gartner_cpeig.jpgO CPEIG engade que a xornada nace co triplo obxectivo de concienciar e achegar a empresas galegas as principais tendencias tecnolóxicas e retos habituais que trae consigo a dixitalización, da man de expertos de reputación mundial de Gartner; reflexionar nun foro de CIO (directores de tecnoloxía) das principais organizacións galegas para compartir experiencias, preocupacións e visións sobre temas de interese común para Galicia (talento, axilidade, privacidade…); e contribuír e enriquecer o ecosistema tecnolóxico e dixital de Galicia para fortalecer a súa imaxe de territorio innovador e dinámico.
Trala apertura conxunta para compartir obxectivos, abrirá a xornada o executive partner de Gartner para AMTEGA e ex CDO de RTVE, Miguel Ángel Morcuende, cunha mensaxe inspiradora sobre un termo xurdido no último Symposium ITxpo de Gartner, ContinuousNext, e ademais explicará como as organizacións e a sociedade en Galicia deben ir preparándose para un cambio permanente.
Posteriormente, o research VP de Gartner (vicepresidente de investigación), Brian Burke, continuará cun relatorio onde ofrecerá a súa visión sobre as principais tendencias tecnolóxicas de 2019 e sobre como liderar a súa adopción.
Amais, o senior director analyst de Gartner, Daniel Sánchez Reina, compartirá cos participantes experiencias de éxito de organizacións que souberon adaptarse culturalmente aos cambios, ademais de desenvolver un marco de traballo para dar eses primeiros pasos.
Por último, a directora de AMTEGA, Mar Pereira, clausurará a xornada resaltando o compromiso da Axencia coa Axenda Dixital de Galicia, apuntalado cunha recente colaboración con Gartner como asesor estratéxico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?