Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Política Lingüística presentou a súa oferta formativa cunha forte aposta polos cursos en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Política Lingüística presentou a súa oferta formativa cunha forte aposta polos cursos en liña

Redacción
Publicado: 28/02/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20192028_valentin.jpgA Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, impulsa o plan de formación en lingua galega da Xunta de Galicia. Trátase dunha acción formativa que se leva a cabo en colaboración con outras institucións (escolas oficiais de idiomas, EGAP, Rede de Centros de Estudos Galegos, Rede de Dinamización Lingüística, universidades galegas, etc.) que aposta polos cursos de teleformación e incorpora por primeira vez o preparatorio das probas de acreditación do Celga no seu nivel 3.
Na liña dos anos anteriores, as prazas, que se ofertan tanto no Celga, linguaxes específicas para funcionariado e persoal da Administración (especialidades administrativa e xurídica) e ensino medio e superior, daranlle cobertura a máis de 7000 alumnos e alumnas en Galicia. Será nas áreas galegofalantes do exterior, no resto de España, en Europa e en América, segundo sinalou hoxe o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na rolda de prensa de presentación, na que estivo acompañado pola a subdirectora xeral de Política Lingüística, María Lourdes Batán, e pola xefa de Formación, Asesoramento e Proxección exterior da lingua, Oliva Amorín.

(Tele)formación en lingua galega e linguaxes específicas

O Plan de formación da Secretaría Xeral de Política Lingüística para o ano 2019 inclúe 82 cursos preparatorios das probas Celga, dos cales organiza e desenvolve 36 directamente a propia secretaría xeral (con data de comezo o 1 de abril e de remate o 23 de maio; o prazo de inscrición aínda está aberto ata o 20 de marzo); 36 en colaboración coas escolas oficiais de idiomas dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (repartidos en dúas quendas: de outubro a xaneiro e de febreiro a maio); e 10 en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística.
En total, os 82 suman 2340 prazas a disposición da cidadanía, que poderá optar pola modalidade presencial, ou, no caso da preparación para os niveis Celga 1, Celga 3 e Celga 4, pola teleformación. A novidade neste 2019 é a posibilidade de poder realizar, por primeira vez, cursos preparatorios do nivel 3 do sistema de acreditación oficial da lingua galega.
Para alén da formación específica do Celga, a formación en lingua galega presentada hoxe inclúe formación especializada, con case 50 cursos de linguaxes administrativa e xurídica -máis de 30 deles en liña- desenvolvidos en colaboración coa EGAP, coas escolas oficiais de idiomas e, nalgúns casos, con outras institucións, como a Deputación da Coruña, concellos ou o Colexio de Avogados de Santiago. Con eles, a secretaría xeral de Política Lingüística aspira a chegar a máis 1.000 profesionais ao servizo das administracións públicas.
No ámbito universitario, os convenios entre Política Lingüística e as tres institucións da educación superior en Galicia permitirán organizar outros 25 cursos dirixidos a estudantado (galego ou estranxeiro) ou persoal docente e investigador, o que suma máis de 600 prazas á oferta incluída no Plan de formación para 2019.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?