Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo creará unha web e unha app para impulsar Os Ancares e O Courel
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo creará unha web e unha app para impulsar Os Ancares e O Courel

Redacción
Publicado: 01/03/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

entrega-certificacion-observer-ancares-courel.jpgA Deputación de Lugo recibiu hoxe, da man do deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, o documento de auditoría e máis o distintivo que acredita ás montañas dos Ancares e O Courel como Espazo Observer Turismo Científico, e que outorga a este territorio a categoría de reserva científica. No acto participaron a responsable deste sistema, Maite Vence Fernández, e o técnico encargado da avaliación e redacción do informe, Xabier Vázquez Pumariño. O dito recoñecemento permitirá levar a cabo unha estratexia con 10 accións de impulso aos recursos naturais e culturais das ditas contornas. Este programa inclúe a posta en marcha dunha web específica de divulgación e máis unha aplicación móbil (app).
O proxecto, emprendido por iniciativa da Deputación en agosto de 2018 cunha achega de 70.000 euros, remata así a súa primeira fase, dando paso, de agora en diante, á realización de accións concretas sobre o terreo, destinadas a promover turisticamente o territorio como reserva científica, “para crear un turismo de calidade”, en palabras da entidade provincial.
Este proxecto abrangue aos 16 concellos integrados no territorio: Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá, As Nogais, Triacastela, Pedrafita do Cebreiro, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Baleira, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz. En total, o territorio cobre 102.635 hectáreas entre Os Ancares e O Courel. Esta extensión, explica a entidade provincial, dará como resultado “a meirande zona de estudo científico de Galicia”.
Respecto do sistema de certificación Observer, foi creado coa finalidade de “fomentar e mellorar a calidade das accións relacionadas co Turismo Científico sustentable e de calidade”. Permitirá unificar ciencia, divulgación científica e turismo nun só distintivo para as montañas dos Ancares e O Courel. Así mesmo, explica a Deputación, “o selo contempla o turismo científico como unha modalidade moderna de turismo que garanta a sustentabilidade e a participación, e facilita o acceso a todos os sectores da poboación, incluso aqueles con ne­cesidades especiais ou de grupos minoritarios”.
Tras superar o proceso de revisión e avaliación do potencial da zona, o territorio poderá desenvolver a creación dun ecosistema integrado de turismo científico Ancares-Courel, que buscará agora crear as estruturas necesarias para unha actividade de calidade, avalada pola certificación Observer. A entidade provincial que preside Darío Campos lembra, a respecto do devandito, que en Galicia “só o Parque das Illas Atlánticas posúe o devandito distintivo”.
Unha vez acadado este recoñecemento do territorio Ancares-Courel como destino Observer, desenvolverase unha estratexia que abrangue, como dixemos ao comezo, preto de 10 accións a realizar ata o mes de agosto para impulsar o uso de recursos naturais e culturais cos que facer divulgación científica. Entre estas actuacións estaría a creación dun grupo de traballo no que a Deputación contará coa participación da USC, os concellos integrados na zona e outros axentes claves do territorio que teñan competencias en materia de divulgación ou xestión dos recursos naturais. A segunda fase tamén contempla a creación dunha páxina web, o deseño dun catálogo divulgativo de bens de interese científico deste espazo, así como cinco itinerarios temáticos ligados ao turismo científico e a creación dunha aplicación móbil. Ademais, desenvolverase unha programación anual de turismo científico, un seminario para empresas do sector sobre o mesmo e un seminario de formación para guías e informadores turísticos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?