Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Red.es e a Xunta levan a banda larga ultrarrápida a case un milleiro de centros docentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Red.es e a Xunta levan a banda larga ultrarrápida a case un milleiro de centros docentes

Redacción
Publicado: 01/03/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

David Cierco, director da entidade público-empresarial Red.es
David Cierco, director da entidade público-empresarial Red.es
Red.es e a Xunta veñen de dar a coñecer detalles recentes do programa Escolas Conectadas e a súa aplicación na nosa terra. Segundo informan, un total de 984 centros de ensino galegos xa gozan de conectividade a Internet de banda larga ultrarrápida, grazas ás actuacións contempladas en Galicia polo dito programa. Esta iniciativa veu cun investimento de 17.169.300 euros, achegados por Red.es co co-financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE). Pola nosa terra, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) executa ata 2 millóns de euros adicionais.
As actuacións para a extensión da banda larga ultrarrápida entre os centros educativos de Galicia realizáronse no marco do convenio subscrito por Red.es (entidade adscrita ao Ministerio de Economía e Empresa), a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e o Ministerio de Educación e Formación Profesional.
e-educacion1280x593-blanco.jpgO obxectivo de Escolas Conectadas foi fornecer de conectividade de Internet ultrarrápida e redes internas de comunicacións aos centros docentes de primaria e secundaria obrigatoria e educación especial, do que se están beneficiando un total de 280.893 alumnos. Ademais, a estes centros tamén se lles dotou de acceso a RedIRIS, a rede académica e de investigación española.
O director xeral de Red.es, David Cierco Jiménez de Parga, dixo, ao fío deste proxecto e a súa vertente galega, que o espallamento da conectividade por banda larga de alta velocidade nos centros educativos “permite reducir a fenda dixital e impulsar unha educación innovadora, moderna e de calidade”. Amais, sinala, proporciona “a infraestrutura precisa para afrontar o aumento do tráfico en Internet e un uso crecente de novos dispositivos e recursos dixitais, que cada vez resultan máis imprescindibles no eido educativo”.
Nun plano máis detallado, Cierco fixo saber que os traballos requiriron da instalación de 4.283 puntos de acceso. Amais, explicou que o 20% das sedes escolares nas que se interveu sitúanse en poboacións de menos de 2.000 habitantes e o 33% das sedes teñen menos de 50 alumnos. O obxectivo disto, dixo, foi “lograr que o alumnado e o profesorado de zonas rurais e de zonas xeográficas de difícil acceso dispuxeran das mesmas condicións de conexión que se ten nos colexios dos grandes núcleos de poboación”. Tamén se conseguiu que no 60% das sedes docentes onde se interveu dispuxeran dun largo de banda de 500 Mbit/s, “superando amplamente o obxectivo previsto de 100 Mbps”, engadiu.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?