Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo bota man da impresión 3D para os seus obradoiros medioambientais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo bota man da impresión 3D para os seus obradoiros medioambientais

Redacción
Publicado: 04/03/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

impresion_3d.jpgA Deputación de Lugo, a través das actividades medioambientais do río Rato, organiza estes días un novo obradoiro de balde sobre ciencia, entroido e medio ambiente. Trátase da segunda edición dunha actividade na que participan 20 persoas, dende hoxe ata o 6 de maio, no Centro de Interpretación Terras do Miño. O taller inclúe experimentos prácticos (como xerar luz con bicis, como facer disfraces ecolóxicos, como almacenar enerxía) para introducir aos participantes no método científico de forma lúdica e nunha máis ampla conciencia medioambiental. A base técnica da actividade, que en última instancia fomenta hábitos de vida que respecten a natureza, é a impresión 3D.
O vicepresidente e deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, subliñou que “con este tipo de actividades de campo achegamos o mundo científico a todos os veciños lucenses dun xeito lúdico e atractivo”. Ademais, engadiu, “será un traballo de responsabilidade e de compromiso con medio ambiente, xa que os participantes achegaranse a distintas disciplinas científicas como a Química, Física, Bioloxía, Botánica, Biodiversidade, Xeoloxía ou a Vulcanoloxía”.
Amais de introducirse en temáticas concretas como a botánica do Courel ou a biodiversidade nas Terras do Miño, os participantes elaborarán disfraces para o entroido cunha impresora 3D, mediante o método das 3 erres da ecoloxía: reducir, reutilizar e reciclar). Con isto preténdese mostrar como reducir o volume de refugallos ou de lixo xerado.
De forma paralela, os asistentes terán a oportunidade de xerar enerxía eléctrica cunha bicicleta, para que persoas que non teñen acceso á electricidade ou sofren cortes periódicos por temporais, poidan gozar dela dunha maneira sustentable. Neste experimento amosarase como almacenar a electricidade e alimentar aparellos que decote enchúfanse á rede, mediante o subministro de corrente a un xerador co movemento da roda traseira da bicicleta, para acender unha lámpada ou cargar o teléfono.
Os asistentes ao obradoiro fabricarán tamén neve para simular un temporal que provoque cortes na subministración eléctrica e problemas na rede viaria da montaña lucense. Para o experimento, disporán dun robot que programarán como máquina quita neves. Algunhas das pezas necesarias para o proxecto fabricaranas na aula coa axuda dunha impresora 3D.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?