Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello da Coruña renovará o deseño do seu portal web en abril
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello da Coruña renovará o deseño do seu portal web en abril

Redacción
Publicado: 04/03/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20190304_sgr_rolda_claudia_delso_g88b4699.jpgA concelleira de Participación e Innovación Democrática da Coruña, Claudia Delso, presentou esta mañá o proxecto de mellora do portal web municipal herculino, que a partires do mes de abril presentará un novo deseño e reestruturación da información, ademais de reagrupar máis de 40 páxinas webs municipais nunha mesma plataforma.
Delso asegurou que o novo espazo «será un portal web máis sinxelo, que responderá ás demandas informativas da veciñanza que recibimos a través do 010 e da analítica web, e cun deseño máis adaptado aos novos tempos nos que o acceso é, maioritariamente, a través de dispositivos móbiles», engadindo que o obxectivo da mellora «non é outro que atender unha demanda continua, ademais dun compromiso da axenda dixital deste goberno, como é o de contar cun portal que sexa unha ferramenta útil e accesible, deseñada e planificada para o uso da veciñanza e que fomente, realmente, a interacción entre a administración e a cidadanía».
20190304_sgr_rolda_claudia_delso_g88b4692.jpgO novo portal culmina un proceso participado pola Administración local, asesoría externa e a propia veciñanza. «En setembro de 2017 puxemos en marcha un estudo de usabilidade e experiencia de usuario e para coñecer o uso real do portal por parte da veciñanza, as súas necesidades de información, os servizos máis demandados e que non existen no portal, e dar coa proposta de organización dos contidos máis próxima á cidadanía», explicou a edil. No marco desde proceso, realizouse unha enquisa voluntaria á veciñanza sobre o uso do web, no que participaron 1.890 persoas, ademais de diversas consultas a persoal experto e un test con usuarias e usuarios habituais do portal. Durante todo este período, tivo lugar tamén, de xeito continuado, unha revisión da analítica web e, finalmente, recolléronse 1.216 opinións e achegas das usuarias de páxinas e servizos. A través desta consulta, e logo dos traballos previos, detectáronse cuestións sobre a navegación no actual portal que impedían un acceso claro aos contidos solicitados, especialmente a través de dispositivos móbiles, que supoñen o 60% dos accesos.
A primeira fase da implantación das melloras, que inclúen un novo menú por temas, buscador e configuración principal, está prevista para o mes de abril. Logo das primeiras semanas de posta en marcha e uso por parte da veciñanza, e de recibir as súas achegas, iniciarase o desenvolvemento da segunda fase de melloras, que inclúe a implantación da organización por distribución xeográfica (a través do Mapa de Distritos) ou incluso por perfís de idade ou interese.


Vídeo de presentación das novidades que incorporará o portal web municipal herculino

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?