Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Portal Retorna asesorará aos galegos do exterior de cara á súa volta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Portal Retorna asesorará aos galegos do exterior de cara á súa volta

Redacción
Publicado: 04/03/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20190304_retorna_02.jpgO secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado pola directora da AMTEGA, Mar Pereira, e o dinamizador de GaliciaAberta, Javier Rodríguez Siaba, vén de presentar o Portal Retorna, enmarcado na web da Secretaría Xeral da Emigración, e que ofrece unha canle única tanto de información e asesoramento como de contacto coa Administración autonómica galega. O obxectivo desta iniciativa, que entrou en funcionamento esta mesma mañá, é servir de enlace directo entre o departamento do Goberno galego e os milleiros de galegos que residen no exterior e que están decidindo se regresar á súa terra de orixe.
«O Portal Retorna xa non se trata só dun xeito máis de comunicación coa diáspora e os retornados, senón dunha ferramenta que hoxe é xa imprescindible para todos os galegos do exterior, tanto para aqueles que están pensando en volver a Galicia como para aqueles que xa tomaron esta decisión e se atopan xa na nosa comunidade», sinalou Miranda, quen engadiu que »son cada día máis os galegos que regresar á Galicia territorial desde todas as partes do mundo; algúns deles están familiarizados coa Administración e a sociedade galega, pero hai outros moitos que precisan dunha guía sobre como asentarse na súa terra de orixe. A finalidade deste sitio web é comezar o proceso de acompañamento a cada un deles desde o seu lugar de procedencia, estea no punto do planeta no que estea».

Contidos
  • Unha Administración aberta e accesible
  • Contacto directo e acceso á sede electrónica

Unha Administración aberta e accesible

20190304_retorna_01.jpgA directora da AMTEGA, pola súa banda, sinalou que posta en marcha do portal Retorna enmárcase no actual proceso de transformación dixital da Administración pública para convertela nunha administración aberta e accesible as 24 horas os 365 día do ano e sen barreiras físicas ou temporais. Pereira incidiu en que non se trata só de incrementar os servizos dixitais senón tamén de facilitar o seu acceso e de aí a importancia de concentrar nunha mesma canle toda a información vinculada a un colectivo, neste caso á do emigrantes.
A responsable autonómica destacou tamén que importancia deste colectivo neste proceso de dixitalización recóllese na futura lei de Administración dixital de Galicia, actualmente en tramitación e na que se recolle expresamente a obriga de aos galegos e galegas o acceso por medios electrónicos aos servizos públicos dixitais que lles sexan de aplicación.

Contacto directo e acceso á sede electrónica

20190304_retorna_03.jpgO Portal Retorna permite ao usuario navegar por as máis de medio centro de medidas recollidas na Estratexia Retorna 2020 para obter a información que precise e acceder no mesmo proceso e cun só clic á solicitude das axudas que estean dispoñibles nese momento por vía telemática e se axusten ás súas necesidades a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. O formato dixital logra, ademais, eliminar as barreiras xeográficas e temporais que separan o Goberno galego da poboación do resto de países do mundo grazas a dúas ferramentas clave como son a caixa de correo de consultas e a solicitude de cita previa a través de Internet. Unha terceira canle de contacto coa Secretaría Xeral da Emigración é a telefónica, tamén dispoñible neste novo sitio web.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?