Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Coruña dará acubillo a dúas grandes citas de Youtubeir@s
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Coruña dará acubillo a dúas grandes citas de Youtubeir@s

Redacción
Publicado: 11/03/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

youtubeiras_2019.jpgA Coruña vai ser o escenario de varias actividades referenciais da nova edición (a terceira) do certame Youtubeir@s, centrado en encher YouTube e outras redes sociais de contidos audiovisuais galegos. Máis polo miúdo, desenvolverase na Coruña a Xornada para Youtubeir@s e a Lista de Reprodución ao Vivo, as dúas actividades pertencentes á iniciativa Youtubeir@s en conexión, unha das novas liñas de traballo desta edición do proxecto. A maiores, pon en xogo este ano outras novidades: haberá máis creadoras e creadores, incrementaranse contías de premios e categorías e xeraranse máis actividades de difusión e formación.
A Xornada para Youtubeir@s consistirá nun encontro de toda a comunidade youtubeir@ galega para reflexionar sobre o panorama creativo a distintos niveis, como son o lingüístico, o temático e o da creación de públicos. Trátase dunha actividade participativa na que colaborarán grupos de traballo como o equipo de Coruña Dixital, e que ten como obxectivo xerar unha reflexión colectiva e, tamén, fornecer dun punto de encontro para a conexión e o fortalecemento da comunidade de persoas creadoras.
En canto á Lista de Reprodución ao Vivo, consistirá igualmente nun encontro, pero neste caso das persoas youtubeiras co público, en contacto directo e sen dispositivos electrónicos.
13 concellos
O certame Youtubeir@s de vídeos en galego presentou os días pasados a súa terceira edición, tal e como reflectimos ao detalle en Código Cero, facendo un repaso polos logros de anos anteriores e polas novidades de 2019. Esta convocatoria será novamente unha convocatoria de incorporacións e estreas. Para comezar, hai máis concellos implicados na organización do certame, a través dos servizos de normalización lingüística de cada entidade local. Estamos a falar dos gobernos locais da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, A Coruña, Moaña, O Grove, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo. A estas entidades cómpre engadir as nosas tres universidades e maila Deputación da Coruña.
Premios e modalidades
O proxecto, para esta edición, aumenta o número de categorías e incrementa a súa dotación económica ao pasar dos 5.500 euros de 2018 aos 6.500 euros desta terceira convocatoria. A devandita contía total repartirase nos galardóns das categorías nas que se divide o certame: vídeo-facermos, vídeo-opinarmos, canle e vídeo-cantarmos. Esta última categoría é unha das grandes novidades deste 2019 e con ela recoñecerase e incentivarase o gran talento musical que está presente en YouTube.
A estas catro modalidades engádenselle outras catro que, un ano máis, premiarán os vídeos que destaquen en creatividade, eficiencia comunicativa, calidade técnica e calidade lingüística. A estes oito galardóns cómpre xuntarlles, a maiores, o premio do público, chamado #propostayoutubeira, coa que se impulsará por segundo ano consecutivo a interacción entre as persoas usuarias na rede social Facebook, que poderán propoñer a través do correo electrónico, proposta@youtubeiras.gal, un vídeo do que sexan seareiros/as. Este ano, amplíase o prazo de inscrición, que principia este 13 de febreiro, e remata o vindeiro 27 de setembro.
Formación
Unha das grandes bazas do Proxecto Youtubeir@s é a formación, tal e como se sinalou no acto celebrado en Compostela. Esta liña docente centrará este ano unha parte importante dos seus esforzos en cursos e obradoiros destinados sobre todo á comunidade educativa, por ser o alumnado dos nosos centros educativos (integrado por nativas e nativos dixitais) o principal destinatario do concurso, malia o seu carácter interxeneracional. En base a isto, o proxecto achegarase ao alumnado de secundaria mediante cursos e obradoiros de formación impartidos un ano máis pola produtora Illa Bufarda e coa incorporación ao corpo docente da actriz Laura Villaverde, coñecida por ser a youtubeira Chola, It Girl; ou Marga Rodríguez Tilve, comunicadora audiovisual e youtubeira en As Cousas do Choio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?