Aínda que o asistente de voz de Samsung, Bixby, parecía ter quedado atrás, dende a compañía surcoreana anuncian unha nova funcionalidade que agora chega para os falantes de inglés chamada Bixby Text Call, que permite responder chamadas escribindo unha mensaxe que o asistente converte en voz para comunicarse directamente coa persoa que chama.
Os usuarios tamén poden personalizar a voz desta nova funcionalidade, gravando diferentes frases para que Bixby analice a voz e cree unha copia da mesma mediante intelixencia artificial. Está previsto que esta voz xerada poida utilizarse noutras aplicacións de Samsung que vaian máis aló de chamadas de teléfono.
Bixby permitirá responder chamadas mediante mensaxes de texto
Compartir Este Artigo
