Aproveitando o grande momento que está a vivir a intelixencia artificial de cara ao público, Microsoft anuncia unha importante actualización de Windows 11 en resposta a esta tendencia, que inclúe entre outras cousas a integración do novo Bing potenciado pola IA no cadro de busca, facilitando extraordinariamente o acceso ao novo Chat de Bing.
Outra novidade importante é que a aplicación de Ligazón co teléfono, que permite empregar o smartphone (Android) dende o PC, conta cunha versión preliminar para iOS, de xeito que os usuarios de iPhone poderán acceder ás fotografías do móbil, ás mensaxes, ás chamadas e ás notificacións do seu teléfono dende Windows. Por outra banda, os usuarios con Android tamén poderán gozar de melloras na aplicación Ligazón co teléfono, como un xeito de transferir sesións de navegación web do teléfono ao PC, para poder seguir navegando en Windows sen esforzo.
A ferramenta de Ferramenta de recorte coa nova actualización non se limitará a realizar capturas de pantalla, senón que tamén servirá para a gravación de pantalla, o que resultará moi práctico para docentes, creadores de contido, estudantes…
O novo Chat de Bing intégrase en Windows 11
Compartir Este Artigo
