Os creadores de contido teñen unha nova fonte de financiamento dispoñible, TikTok Series, que permitirá vender aos seus seareiros coleccións de ata 80 vídeos de ata 20 minutos de duración a un prezo de entre 1 e 190 dólares, o que pode resultar moi práctico para a comercialización de cursos de distinto tipo (exercicio, receitas…) aproveitando o alcance e a sona que chega a conseguirse en TikTok.
As series de TikTok pode adquirirse dende o perfil dos creadores ou a través de ligazóns integradas en vídeos, podendo así estreitar a relación entre os creadores e os espectadores. Polo momento non se desvelaron as comisións que recibirá TikTok pola comercialización desta especie de coleccións de pagamento, nin as condicións que haberá que cumprir para acceder a esta fórmula de monetización.
Os creadores de TikTok poderán vender coleccións de vídeos
Compartir Este Artigo
