O Steve Jobs Archive anunciou que o vindeiro día 11 vai estrear en plataformas dixitais o libro Make Something Wonderful. Steve Jobs in his own words, que recolle unha selección de discursos, entrevistas e misivas do cofundador de Apple, ofrecendo unha interesante perspectiva sobre un dos emprendedores máis recoñecidos a nivel mundial.
O libro recollerá a visión de Jobs sobre a súa infancia, o lanzamento e a súa marcha de Apple, a súa etapa en Pixar e NeXT e o seu retorno á empresa que fundou, para levala ao momento doce que vive actualmente.
O texto foi editado por Leslie Berlin e conta cunha introdución escrita por Laurene Powell Jobs. Espérase que a súa edición dixital sexa totalmente de balde, como unha homenaxe a este grande referente do sector tecnolóxico a nivel mundial.
Un libro electrónico recollerá textos de Steve Jobs
Compartir Este Artigo
