Carmila, a inmobiliaria propietaria e xestora de 79 centros comerciais distribuídos por toda España, inaugurou un novo concepto de tenda no centro comercial As Cancelas de Santiago de Compostela na que venden roupa da marca Sepiia, que destaca por ofrecer prendas que non se manchan nin engurran.
Na tenda efémera de Sepiia en Compostela (aberta ata o vindeiro sábado) conflúen a venda física e as canles dixitais da marca, e como detalle especialmente curioso temos que o espazo está conectado co establecemento de Sepiia en Madrid en tempo real a través de dúas pantallas colocadas en ambos centros que permiten observar a tamaño real o que acontece na outra tenda grazas á tecnoloxía achegada por Vinile.
O director xeral de Carmila España, Sebastián Palacios, considera que a apertura da tenda de Sepiia en Compostela dan «un paso máis na implementación de novos formatos e canles nos nosos centros que fomenten a innovación, dixitalización e omnicanalidade».
Sepiia abre unha innovadora tenda no centro comercial As Cancelas
Compartir Este Artigo
