Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Comisión Europea esixe a Elon Musk que elimine o contido ilegal en X
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Comisión Europea esixe a Elon Musk que elimine o contido ilegal en X

Marcus Fernández
Publicado: 10/10/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

thierry_breton_f8edzxvxaaafs1e.jpgCando no mes de maio Twitter abandonou o Código de boas práctica sen materia de desinformación da Unión Europea, Thierry Breton advertiu a Elon Musk que tal movemento non evitaba o cumprimento da Lei de Servizos Dixitais, postura que tiveron que reafirmar hai poucas semanas tras a publicación de informes que apuntaban que X/Twitter era a principal plataforma social en liña para a divulgación de desinformación e propaganda, especialmente por mor de medidas impostas polo propio Musk.
Nos últimos días a situación agravouse considerablemente, xa que con conflito armado entre Israel e Palestina vemos unha proliferación de falsidades en X/Twitter realmente alarmante, e o peor de todo é que é o propio Elon Musk o que recomenda seguir a contas de usuarios que divulgan falsidades e republica contidos que incumpren as normas da plataforma.
Tamén mudaron de criterio sobre os contidos que incumpren as normas da plataforma, de xeito que flexibilizan o que se considera de interese público, facilitando que moitos contidos que deberían eliminarse por ser falsos e/ou por incitar ao odio continúen en liña. Resulta especialmente rechamante ver como a compañía asegura que están a tomar medidas activas contra a violencia gráfica, a violencia verbal e as condutas de odio, actuando tamén contra o antisemitismo, cando na práctica percíbese xusto o contrario, e contrasta moito o clima imperante en X co de plataformas como a propia Facebook, que incluso está a empregarse como fonte para desbotar as canfurnadas publicadas na plataforma de Musk.
thierry_breton_carta_f8grhmewyaai7ax.jpgA tal nivel está a chegar a situación que a Thierry Breton non lle quedou outra que publicar unha carta aberta urxente a Elon Musk lembrando as súas obrigas con respecto da Lei de Servizos Dixitais. Breton salienta que X está a empregarse para diseminar contido ilegal e desinformación no territorio europeo, incumprindo as obrigas que X ten en materia de moderación de contidos.
Breton destaca que o cambio da política de interese público ameaza a seguridade dos usuarios europeos; comenta que o contido ilegal notificado debe borrarse de xeito dilixente (e teñen evidencias de que non está a ser así); e tamén pide que o equipo de crise de X notifique as medidas que está a adoptar.
O comisario europeo dá 24 horas a Musk para ter unha resposta precisa e completa á carta publicada, lembrándolle que o que está a acontecer estes días formará parte do seu expediente sobre o cumprimento da nova lexislación europea, que podería provocar a apertura dunha investigación formal que se traduciría en importantes sancións.
A primeira resposta de Musk non se fixo esperar, e foi totalmente demagóxica, afirmando que a política de X «é que todo é código aberto e transparente» (afirmación rotundamente falsa) e pedindo unha listaxe das infraccións que comete X para que as vexa o público, xogo no que Breton rexeitou entrar, e educadamente destaca que Musk é plenamente consciente das denuncias de contidos ilegais por parte de usuarios e autoridades, e pon o seu equipo á disposición de Musk para garantir o cumprimento da lexislación europea.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?