Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Estudantes de Pedagoxía da USC lanzan unha ferramenta didáctica en galego para favorecer un uso saudable das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Estudantes de Pedagoxía da USC lanzan unha ferramenta didáctica en galego para favorecer un uso saudable das TIC

S. P.
Publicado: 14/12/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

codi_mentes_dixitais_en_movemento.jpgNo marco da materia Formación en Rede, un grupo de estudantes do 4º curso do Grao en Pedagoxía da Universidade de Santiago de Compostela elaborou un recurso didáctico transmedia en galego, destinado a nais e pais con infantes de 3 a 6 anos para fomentar unha relación saudable coas tecnoloxías e contornas dixitais. Trátase do proxecto CO.DI: Mentes dixitais en crecemento, no que se tratan temáticas como a importancia do papel das familias no uso das tecnoloxías, as vantaxes dun bo uso destes medios e o establecemento de pautas e límites.
Segundo explica o grupo de estudantes, para o deseño e desenvolvemento deste proxecto realizouse unha investigación de campo e documental e nela participaron familias con crianzas das idades devanditas e seguíronse as recomendacións achegadas dende o Plan Digital Familiar da Asociación Española de Pediatría e dende a Guía de buenas prácticas para familias y docentes. Recomendaciones para el uso de la tecnología en Educación Infantil elaborada no marco do proxecto de investigación Infanci@ Digit@l.
codigo_mentes_dixitais_en_movemento_2.jpgAs e os estudantes fan saber que neste estudo previo ao desenvolvemento de CODI, detectouse “a necesidade de formar ás nais e pais para que as súas fillas e fillos teñan un bo exemplo a seguir”.
O recurso estrutúrase en capítulos textuais con imaxes e complementados con infografías, documentos, vídeos e actividades noutras plataformas. Estes capítulos contan historias independentes que xiran ao redor dunha personaxe que dá nome ao recurso, CODI, un pequeno robot que serve de guía ás familias no bo uso das tecnoloxías dixitais.
Ademais, este proxecto conta cunha conta de Instagram na cal preséntanse os diferentes elementos que completan as historias, e na que se convida ás familias a que compartan a súa opinión e participen nas actividades alí recollidas. “Grazas a esta participación e á actualización dos contidos”, explican dende o grupo de estudantes de Pedagoxía, “o recurso adaptaríase á retroalimentación recibida”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?