Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo e a Deputación activan unha revista para difundir coñecemento crítico, tecnolóxico e feminista
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo e a Deputación activan unha revista para difundir coñecemento crítico, tecnolóxico e feminista

S. P.
Publicado: 15/12/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Presentación do primeiro número da revista nunha imaxe de arquivo
Presentación do primeiro número da revista nunha imaxe de arquivo
A Cátedra de Feminismos 4.0, impulsada pola Deputación de Pontevedra e a UVigo, presentou en sociedade unha nova revista que permitirá “difundir coñecemento científico, crítico e feminista, sobre os riscos éticos da transformación tecnolóxica e o seu impacto negativo sobre os dereitos das persoas”. Chamada Gender on Digital. Journal of Digital Feminism, a nova publicación foi dada a coñecer no edificio Redeiras nun acto no que participaron a directora da Unidade de Igualdade da UVigo, Águeda Gómez; a xefa do Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra, Lucía Muradas e as investigadoras Amparo Alonso e Soledad Torres, que forman parte do comité científico da revista e son autoras de dous dos artigos no primeiro número.
Segundo comentou a directora da Unidade de Igualdade da UVigo e responsable do equipo directivo da revista, “estamos inmersas nunha nova revolución e debemos garantir que este novo universo dixital sexa máis xusto elaborando diagnoses desde unha ollada feminista que nos leve no sentido dun mundo máis igualitario”.
Pola súa banda, Lucía Muradas destacou que a publicación desta revista supón “un importante fito” e agradeceu o traballo realizado desde a Unidade de Igualdade da UVigo durante estes anos, especialmente a través das iniciativas da cátedra nas que a Deputación participou “cóbado con cóbado”. A nova publicación conta tamén co apoio do Servizo de Publicacións e da Vicerreitoría de Investigación.
O primeiro número, con Amparo Alonso
A revista terá unha periodicidade anual e conta cun equipo científico conformado polo Comité de Sabias da Cátedra Feminismos 4.0 DEPO- UVigo que recollerá en cada publicación os temas tratados nos obradoiros Hackeando o Patriarcado. O primeiro número reúne os resultados das achegas científicas desenvolvidas no primeiro obradoiro da cátedra titulado Sociedade dixital e nesgos de xénero e conta tamén con artigos de fondo doutras expertas, entre elas a catedrática da Universidade da Coruña Amparo e investigadora do CITIC, Alonso Betanzos, que asina un artigo no que indaga sobre os fortes desafíos éticos que propón a Intelixencia Artificial. Alonso, que participou no acto a través de vídeo-conferencia, asegurou que a IA “está a resultar unha disciplina transversal omnipresente en todas as dimensións da vida humana e, polo tanto, leva consigo fortes desafíos éticos: un deles é a posible aparición de nesgos de xénero, o que nos obriga a permanecer vixilantes para garantir unha IA ética, fiable e xusta”. A investigadora asegura que o adestramento de algoritmos realízase seguindo modelos con datos históricos cuxa calidade non é a axeitada, e advirte de que “os rumbos non só están nos algoritmos, tamén poden derivar de desigualdades no acceso á tecnoloxía, ou de falta de diversidade nos equipos”.
No acto estivo tamén presente Soledad Torres, profesora da EE de Telecomunicación e investigadora de atlanTTic, que participa neste primeiro número cun artigo no que reflexiona sobre os asistentes dixitais en español que segundo explicou, “maioritariamente reforzan as imaxes estereotipadas da muller, utilizan unha linguaxe sexista e toleran os comentarios e o acoso sexual.”
Ademais das colaboracións de Amparo Alonso e Soledad Torres, no apartado Investigación recóllese un artigo colectivo, liderado pola profesora da Universidade de Vigo, Teresa Rivas, no que analiza con perspectiva de xénero o percorrido académico e laboral dentro da área da enxeñaría, no contexto xeográfico de Pontevedra e no período de 1967 a 2018.
Na sección de Miscelania, a experta en comunicación e feminismos Guiomar Rovira, da Universitat de Girona, traza unha xenealoxía dende os inicios de internet e o ciberfeminismo como vangarda ata a incursión de multitudes de mulleres conectadas nas redes dixitais, iniciando movementos feministas horizontais, sen liderados fixos e con vocación transnacional. Nel, analiza a capacidade agregativa e de acción en rede dos femitags (cancelos feministas) e da transnacionalización dos feminismos desta era. Nesta mesma sección, a comunicadora Marga Tojo, como representante da Asociación de Xornalistas Galegas, aborda o rol dos medios como parte dos actores discursivos que garanten o mantemento do estatus en termos de xénero e de certa violencia simbólica. No texto tamén analiza as consecuencia da crecente dixitalización nas narrativas mediáticas, o que está a supor unha interesante xanela de oportunidade para o cambio no eido da comunicación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?