Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME catro novas accións formativas TIC na penúltima semana de decembro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME catro novas accións formativas TIC na penúltima semana de decembro

S. P.
Publicado: 18/12/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

smart_peme-3-2.jpgA Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPEME de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana, a penúltima de decembro, catro novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. Estes obradoiros, impartidos de xeito telemático, centraranse na optimización do cociente de conversión, no copywriting, nas novas tendencias en turismo e na creación dunha páxina web profesional a través de WordPress.
As accións formativas comezarán este luns, 18 de decembro ás 12:00 horas, con CRO: Como mellorar as ventas da túa web a cargo de Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresarias e especialista en mercadotecnia e dirección comercial. No obradoiro analizarase o cociente de conversión e ensinarase as técnicas básicas para transformar visitantes dunha páxina web en clientes.
O mércores 20 de decembro celebraranse dous cursos. Entre as 12:00 e as 13:00 Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo, impartirá o taller Copywriting para empresas turísticas no que dará a coñecer como crear textos que vendan mellor os servicios utilizando palabras que conecten cos viaxeiros para convertelos en clientes. Pola súa banda, ás 17:00 impartirase o obradoiro Novas tendencias en turismo: turismo petfriendly, onde Sonia Torres, técnica de Empresas e Actividades Turísticas, explicará as claves deste tipo de turismo que viaxa con mascotas.
Finalmente o xoves 21 de decembro, entre as 12:00 e as 13:00 horas, desenvolverase o curso Crea unha páxina profesional con WordPress II, onde se ensinarán os pasos para crear un sitio web profesional e optimizado con este programa. Este curso será impartido por María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?