Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preto de 500 centros educativos da nosa terra promoven este curso as navegacións seguras entre o alumnado
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preto de 500 centros educativos da nosa terra promoven este curso as navegacións seguras entre o alumnado

S. P.
Publicado: 19/12/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

colexio_escola_ordenador_computador_conselleria_educacion.jpgA Consellería de Cultura e Educación realizou un balance da actividade prevista este curso para seguir promovendo as formacións tecnolóxicas nos centros educativos e os usos racionais, útiles e seguros das novas ferramentas. Segundo fixo saber, preto de 500 centros escolares reforzarán este curso as competencias dixitais do seu alumnado a través de programas específicos de educación no uso seguro e responsable das redes e a Internet.
Trátase de iniciativas da Consellería de Cultura (nalgúns casos en colaboración con entidades vinculadas ao ámbito das novas tecnoloxías) ás que os colexios e institutos se adhiren de xeito voluntario. Enmárcanse nunha aposta polo ensino dixital e polas competencias pedagóxicas axeitadas para o uso destas ferramentas, permitindo (entre os alumnos) un coñecemento útil dos riscos asociados ao ciberacoso.
Unha das accións que máis acollida ten por parte dos centros é o programa Navega con Rumbo que a Consellería realiza co apoio do Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e que este curso chega a 218 colexios e institutos de toda Galicia.
Esta colaboración, que xa vai pola súa duodécima edición, está dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, 1º de ESO e 1º de FP Básica para guialo cara unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso ou outros riscos da rede. A través deste programa faise partícipe a profesorado e familias das recomendacións que eles poden aprender de xeito que tamén sexan transmisores para o alumnado.
Ao abeiro do mesmo, especialistas do Colexio de Enxeñaría Informática levan a cabo xornadas divulgativas dunha hora de duración en colexios e institutos. Ademais, o programa dispón dunha páxina web asociada ao proxecto e unhas guías de boas prácticas en internet dirixida aos estudantes, proxenitores ou titores, e ao profesorado accesibles tanto en soporte dixital como en formato impreso nos propios centros. Desde a súa posta en marcha, Navega con Rumbo levou a cabo máis de 2.000 accións.
Así mesmo, un total de 130 centros escolares de toda Galicia veñen de ser seleccionados para participar por primeira vez no programa Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais, no que participan 203 centros con alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Educación en colaboración coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) que ten como finalidade “ofrecer aos adolescentes información e ferramentas para a adquisición de competencias e destrezas para o uso responsable, útil, seguro e ético destas novas formas de comunicación e interacción”. Para iso, refórzase a competencia básica dos estudantes en seguridade na xestión dos seus perfís nas redes sociais; explícanse os conceptos de identidade e pegada dixital, e afóndase na configuración das opcións de seguridade e privacidade das redes sociais máis actuais entre a rapazada. Tamén se ofrecen ferramentas e se explican recursos aos que poder acudir cando teñan algunha dúbida sobre o uso seguro da tecnoloxía.
Por outra parte, lévanse realizados máis de 1.500 relatorios en materia de ciberseguridade en centros de ensino ao abeiro do Plan Director para a mellora da seguridade nos centros educativos e na súa contorna, impartidos por axentes e expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Tamén en colaboración con eles, 34 centros galegos participan este trimestre na CiberLiga preamateur de ciberseguridade.
Así mesmo, iniciativas como Educación Responsable (coa participación de 42 centros) e o premio de boas prácticas ConVivimos afondan no benestar emocional, tratando tamén a educación dixital. No eido das familias, a capacitación no uso seguro da Internet abórdase igualmente desde as escolas de nais e pais.
No que atinxe aos docentes, a Consellería de Educación achega o Plan anual de formación do profesorado, que inclúe accións especializada neste ámbito para que conten cos coñecementos e as ferramentas necesarias para o seu desenvolvemento profesional nun entorno cibernético seguro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?