Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R e Cinfo impulsan un proxecto para calibrar a rede de fibra da operadora con tecnoloxías cuánticas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R e Cinfo impulsan un proxecto para calibrar a rede de fibra da operadora con tecnoloxías cuánticas

S. P.
Publicado: 20/12/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

r_cinfo_2.jpgA operadora galega R desenvolveu co empresa Cinfo, tamén galega, un proxecto para estudar a resiliencia da súa rede de fibra óptica con algoritmos baseados en computación cuántica. Segundo explican, a análise cuántica permite deseñar un modelo que calibra a robustez da rede troncal de R para reforzar puntos críticos e mellorar aínda máis a calidade do servizo. O algoritmo executouse en dous computadores cuánticos de diferentes tecnoloxías e sobre 180 e 66 cubits (bits con información cuántica) respectivamente.
O obxectivo é “desenvolver estes algoritmos ao máximo antes de 2025 para que poidan analizar a rede troncal de R e de todo o Grupo Masmovil a medida que a infraestrutura cuántica medra e é capaz de soportar problemas máis graves”, explicaron fontes de R, engadindo que a información xerada será un coñecemento moi relevante que permitirá á empresa adiantarse á resolución de incidencias, conseguindo desta maneira un índice máximo de dispoñibilidade da rede e de excelencia do servizo.
Puntos de mellora sobre un caso real
r_cinfo.jpg R explica tamén que a topoloxía dunha infraestrutura de rede avanzada de fibra como a da empresa da Coruña esixe “un estudo pormenorizado da conectividade dos seus nodos e puntos estratéxicos que facilite un balance da súa fortaleza”. Por iso, o de R converteuse para Cinfo en caso de uso no que, executando algoritmos ou modelos a través de computadores cuánticos, poden detectarse puntos de mellora da rede e extraer conclusións para actuar e perfeccionala.
Como dixemos, os computadores cuánticos onde se probaron os algoritmos dispoñen de 180 e 66 cubits (bits cuánticos) respectivamente. A medida que os ordenadores cuánticos adquiran máis capacidade poderán incorporarse máis variables e de maior complexidade no estudo algorítmico, polo que o percorrido do proxecto de Cinfo, en colaboración co seu socio experto en solucións cuánticas Kipu Quantum, queda aberto a esas melloras máis que predicibles da tecnoloxía cuántica. “Espérase que en 2025 estes supercomputadores xa sexan quen de procesar o algoritmo para unha rede complexa como a troncal de R”, sinala a operadora, lembrando que o obxectivo actual é “desenvolver estes algoritmos ao máximo antes de 2025”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?