Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Ranking de Stanford inclúe cinco membros do CITIC entre o 2% de científicos máis influentes do mundo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Ranking de Stanford inclúe cinco membros do CITIC entre o 2% de científicos máis influentes do mundo

S. P.
Publicado: 21/12/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

citic_ranking_stanford.jpgA clasificación World’s Top 2% Scientists List, realizada pola prestixiosa Universidade de Stanford, en California (EEUU), incluíu a cinco investigadoras e investigadores do CITIC (o Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña) entre os científicos máis influentes do mundo. Esta listaxe elabórase a través da base de datos Scopus, proporcionada pola editorial Elsevier, e ten en conta a máis de 200.000 investigadores de 22 campos científicos e 174 subcampos.
Stanford clasifica a investigadoras e investigadores, en primeiro lugar, en base á súa traxectoria investigadora e, en segundo lugar, analizando o último ano de resultados. Avalía información a partir de indicadores como a produción científica ou citas.
Na primeira clasificación, referida á traxectoria profesional, figuran os investigadores Tiago Fernández Caramés e Alejandro Pazos na área de investigación Information & Communication Technologies.
Na clasificación que ten en conta as citas recibidas en 2022, o investigador con maior valoración é Tiago Fernández Caramés, seguido de Paula Fraga Lamas, Verónica Bolón Canedo e Amparo Alonso Betanzos, tamén na área Information & Communication Technologies.
En total, 19 investigadores da Universidade da Coruña foron recoñecidos como os máis influentes do mundo, sendo Information & Communication Technologies a área con maior representación con 10 membros, 5 dos cuales forman parte do CITIC. A ela séguenlle as áreas de Biomedical Research, Chemistry, Enabling and Strategic Technologies, Clinical Medicine e, finalmente, Biology.
O Ranking of the World Scientists: World´s Top 2% Scientists está considerado como un dos máis prestixiosos a nivel internacional e nesta sexta edición avaliou a investigadoras e investigadores de universidades, hospitais e centros de investigación de todo o mundo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?