Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo e Manuel Campo Vidal achegaron formación dixital para loitar contra o despoboamento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo e Manuel Campo Vidal achegaron formación dixital para loitar contra o despoboamento

S. P.
Publicado: 22/12/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_de_lugo_211223_conferencia_campo_vidal.jpgA Deputación de Lugo acolleu este xoves 21 de decembro a conferencia A Esperanza de Recuperar a España Rural, no que participou o xornalista e doutor en Socioloxía Manuel Campo Vidal, achegando o colofón so curso Especialista en Territorio Rural Intelixente, promovido pola institución provincial para proporcionar aos axentes económicos e sociais máis ferramentas (boa parte delas tecnolóxicas) para fixar poboación no territorio.
A conferencia foi inaugurada polo presidente da Deputación, José Tomé, quen sinalou que “fronte ás declaracións baleiras de quen prometía lexislaturas do rural, na Deputación traballamos sempre por este amplo territorio, centrando os nosos esforzos en acercar os servizos públicos aos veciños e en fomentar a economía e o emprego, contando cos concellos, co tecido produtivo e coa Universidade. Estas, e non outras, son as claves”.
Segundo lembrou, a acción formativa Especialista en Territorio Rural Intelixente é a única desta temática que existe hoxe na oferta educativa. Foi quen de cubrir as 75 prazas dispoñibles e abordou materias como organización de proxectos, sustentabilidade, dixitalización ou comunicación, “deseñadas para ter un impacto práctico concreto sobre o terreo”.
O curso encadrouse na cátedra sobre reto demográfico que preside Campo Vidal. A acción formativa cubriu as 75 prazas dispoñibles e abordou dende mediados de novembro materias como organización de proxectos, sustentabilidade, dixitalización ou comunicación, facilitando “o acceso de empregados públicos, axentes sociais e público en xeral a contidos e reflexións pensadas dende coñecemento e deseñadas para ter un impacto práctico concreto sobre o terreo”, explicou o presidente da Deputación.
O mandatario provincial agradeceu a Campo Vidal o seu interese “polo desenvolvemento do rural e o seu papel como altofalante desa España con menor densidade de poboación que non sempre chega ás noticias e, cando o fai, non chega co ton positivo que convén, tanto á súa realidade, como ás súas posibilidades”.
Este curso tivo unha duración de 20 horas, distribuídas na xornada presencial que impartiu esta tarde Manuel Campo Vidal na Deputación, e clases en liña. Contou con 9 bloques temáticos, entre eles, as claves da transformación dixital, o equilibrio territorial ou o turismo rural como factor de desenvolvemento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?