Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Ventilatio Lab creará unha plataforma virtual para facer completas simulacións de voos con drons
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Ventilatio Lab creará unha plataforma virtual para facer completas simulacións de voos con drons

S. P.
Publicado: 22/12/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

usc_drons_imaxe_002_.jpgGalicia segue a dar pasos de xigante en materia de drons e novidades empresariais relacionadas cos vehículos aéreos non tripulados. Esta mesma semana puidemos saber que Ventilatio Lab spin-off da Universidade de Santiago, definirá unha contorna de simulación para analizar a aerodinámica e as condicións de voo dos vehículos aéreos non tripulados (UAV polas súas siglas en inglés).
O proxecto é unha das doce novas iniciativas empresariais que formarán parte da quinta edición da Business Factory Aero (BFAero), o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas especializado no segmento dos vehículos non tripulados do Polo Aeroespacial de Galicia.
Ao abeiro do proxecto Banco de probas virtual para o estudo da aerodinámica de UAVs con aplicación no transporte de cargas e condicións de voo, Ventilatio Lab creará unha plataforma virtual que permitirá realizar simulacións de voo tendo en conta as condicións meteorolóxicas locais, a orografía do terreo e as condicións de carga e de potencia de cada tipoloxía de UAV. “Deste xeito, este desenvolvemento terá a capacidade de acelerar a toma de decisións do operador e valorar de forma rápida e accesible se unha operación é abordable baixo unhas certas condicións atmosféricas ou de carga ou se se debe pospoñer ou modificar”, explican dende a spin-off.
O proxecto da USC, que foi seleccionado no itinerario de incubación, desenvolverase no marco dunha convocatoria altamente competitiva, na que se recibiron 144 propostas de 26 países, o que consolidou este programa como un reclamo para o emprendemento en todo o mundo.
Ventilatio Lab, empresa de base tecnolóxica, botou a andar a comezos de 2022 centrándose inicialmente na redución da capacidade de transmisión de patóxenos e contaminantes aéreos no contexto da COVID-19. Deste xeito, desenvolveron unha tecnoloxía propia que, a través do cálculo de dinámica de fluídos, establece as condicións de ventilación óptimas para manter a salubridade do aire. Na actualidade, traballa tamén no cálculo das estratexias óptimas de ventilación para o control dos niveis de radon radioactivo en vivendas e espazos de traballo.
VentilatioLab é froito do traballo dun equipo de investigadores da Facultade de Física da USC. Alberto Pérez Muñuzuri, Alberto Otero Cacho e Jorge Mira Pérez, aos que se une o economista Ramón Tubío Villanueva, son os impulsores da iniciativa. O equipo investigador parte da súa experiencia en física de fluídos e o estudo do seu comportamento en gran diversidade de contextos (incluíndo meteoroloxía e oceanografía), experiencia que xa foi aplicada con éxito ás novas necesidades de control de ventilación tras a crise da COVID-19.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?