Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A pianista Sofía Novoa protagoniza este martes 26 o último podcast de Aquí faltan páxinas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A pianista Sofía Novoa protagoniza este martes 26 o último podcast de Aquí faltan páxinas

S. P.
Publicado: 26/12/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

aqui_faltann_paxinas.jpgA vida de Sofía Novoa Ortiz protagoniza neste mes de decembro o último faladoiro do programa da Deputación de Pontevedra Aquí faltan páxinas. Este ciclo de relatos sonoros e conferencias achegados en formato podcast naceu da colaboración da institución provincial coa firma O Cable Inglés para dar a coñecer a traxectoria de mulleres galegas extraordinarias relacionadas coa provincia.
Este martes 26 de decembro a Sala Rosalía de Castro da Sede de Vigo da Deputación acollerá a partir das 19:00 horas un faladoiro sobre a traxectoria desta pianista e pedagoga que impartirá a pianista e profesora de música Carmen Losada. No acto participará a deputada provincial de Igualdade, Sandra Bastos.
Sofía Novoa Ortiz (Vigo, 1902 – Madrid, 1987) foi unha brillante pianista e pedagoga que conviviu coa xeración do 27. Tras vivir en Madrid, concretamente na Residencia de Señoritas, unha institución que se encargaba de fomentar a renovación pedagóxica e científica en España no primeiro terzo do século XX, exiliouse en Estados Unidos debido á guerra, onde logrou alcanzar o éxito que lle fora negado na súa terra. Ao outro lado do Atlántico deu clase de español na Universidade de Columbia, asentándose definitivamente no prestixioso Vassar College, onde chegou a ser docente de Jacqueline Kennedy, e onde defendeu o valor transversal da música nas súas aulas de Literatura e Cultura Española.
O faladoiro está a cargo de Carmen Losada Gallego, pianista e profesora de música no Instituto Giner de los Ríos de Lisboa. Doutorada en 2016 pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Mulleres pianistas en Vigo. Do salón aristocrático á Idade de Prata (1857-1936) Sofía Novoa. Nela estuda, por vez primeira en Galicia, a aparición de mulleres pianistas e o seu encaixe na sociedade burguesa de Vigo, desde Carolina Graña ata Sofía Novoa ou América Otero.
Ademais da conferencia, a historia da de Sofía Novoa estará tamén dispoñible a partir do martes no podcast de Aquí faltan páxinas (nas principais plataformas de streaming e no sitio web da institución provincial) e figura xa no roteiro virtual que se centra en Vigo e no Morrazo como lugares clave da provincia da súa biografía. Comeza na rúa López de Neira, na que naceu e viviu e onde, na que iniciou ademais a súa carreira musical. O percorrido segue na Casa Mülder, na que a súa familia residiu temporalmente para avanzar cara a Escola de Artes e Oficios, fundada polo seu avó paterno e cuxo actual edificio é un encargo do empresario e filántropo José García Barbón ao arquitecto francés Michel Pacewicz. Despois trasládase a Moaña, concretamente á praia do Con, na que pasaba as vacacións coa súa familia, e á casa dos García Arenal, onde xogaba ao tenis e compartía tempo coa familia de Fernando García Arenal. Finalmente, no Morrazo remata no panteón familiar, concretamente no cemiterio municipal de Cangas, onde está enterrada.
O proxecto Aquí faltan páxinas, que chega ao seu fin coa figura da pedagoga e pianista viguesa, é unha antoloxía de 12 podcasts, un por cada mes deste 2023, para pór en valor os logros de María Soliña, Elisa Patiño, Olimpia Valencia, Maruja Mallo, Concepción Arenal, Antonina Sanjurjo, María Vinyals, Ernestina Otero, Ángeles Alvariño, Isabel Barreto, Carolina Otero e Sofía

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?