Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abanca recibe un premio internacional por un proxecto de IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abanca recibe un premio internacional por un proxecto de IA

S. P.
Publicado: 06/06/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

abanca.jpgAbanca vén de recibir o premio na categoría Innovation Brillance do certame SS&C Blue Prism Customer Excellence Awards. Este novo recoñecemento chega grazas á destacada contribución da entidade financeira no eido da automatización e, especificamente, polo seu proceso robotizado de financiamento ao consumo en Abanca Servicios Financieros (ASF).
Segundo a compañía internacional SS&C Blue Prism, o proxecto da entidade galega “demostrou ser altamente efectivo na automatización da admisión de solicitudes de financiamento desde os puntos de venda, reducindo drasticamente o tempo dedicado a tarefas manuais, mellorando os tempos de resposta do servizo de atención ao cliente e xerando significativas eficiencias”.
O xurado eloxiou “a capacidade de Abanca para xestionar centos de milleiros de solicitudes de clientes utilizando esta combinación innovadora de tecnoloxías”.
A entidade galega lembra que dende que implantou esta mellora, o robot tramitou máis de 18.500 solicitudes. “A introdución da Intelixencia Artificial permítenos dar un mellor servizo aos nosos clientes, máis áxil e homoxéneo, e ademais facilítanos dedicar o labor dos equipos a tarefas onde se achega máis valor”, sinalou o director de Abanca Servicios Financieros, Jesús Suárez López, engadindo que a transformación e dixitalización dos procesos constitúen “eixes estratéxicos de entidade”. Por iso, explica, creouse un equipo de traballo específico cuxo obxectivo é a aplicación destas tecnoloxías innovadoras para reducir os tempos de resposta, aumentar a calidade e a eficiencia, e diminuír o risco operativo dos procesos máis críticos. Estas melloras iranse implantando progresivamente ao longo dos próximos meses.
“Fomos capaces de constituír un equipo dinámico, multidisciplinar e vangardista, que nos permitiu ser pioneiros na implantación de solucións que combinan os nosos modelos de Intelixencia Artificial, a IA xenerativa e a plataforma de robotización, para así resolver problemas complexos dunha maneira que era inimaxinable hai apenas dous anos”, engade o director de Data, Analytics e Rtech de Abanca, Jorge García Romarís.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?