Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Integra Park achega o deporte e a realidade virtual ás persoas con párkinson
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Integra Park achega o deporte e a realidade virtual ás persoas con párkinson

S. P.
Publicado: 07/06/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

pointegrapark4.jpgOs beneficios do exercicio físico están demostrados nos síntomas asociados á segunda doenza neurodexenerativa máis común (logo do alzhéimer), referímonos ao párkinson. As alteracións que esta enfermidade supón a nivel motor dificultan tamén que as persoas que a padecen poidan realizar determinadas prácticas deportivas en condicións de seguridade. Atendendo a isto nace Integra Park, un proxecto creado polo grupo de investigación HealthyFit e a Asociación Párkinson Provincia de Pontevedra (APROPARK) e que conta co financiamento do IV Plan Social Ence Pontevedra. Integra Park avalía as posibilidades que achega a realidade virtual inmersiva á hora de que pacientes.
Este proxecto combina unhas lentes de RV cun cicloergómetro e remoergómetro intelixentes, que permiten practicar ciclismo e remo a alta intensidade nunha contorna que poida resultarlles motivadora. Integrado por investigadores das facultades de Ciencias da Educación e do Deporte e Fisioterapia e inserido tamén no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, este grupo de investigación leva a cabo o proxecto xunto coa asociación APROPARK, dando continuidade a unha liña de traballo centrada en estudar o potencial da RV para a prescrición de programas de exercicio físico a diferentes colectivos.
Estamos perante un programa de cinco meses de duración, no que se combinan remo e ciclismo e que abrangue dúas sesións semanais. Coa participación de 12 usuarios e usuarias de APROPARK, trátase ademais de sesións de curta duración, nas que o exercicio debe realizarse a unha determinada intensidade. “Está demostrado que para que teña un efecto nas patoloxías neurodexenerativas, ten que ser un exercicio físico dunha intensidade alta, xa que induce efectos protectores no cerebro, aumentando a neuromelanina e as sinais de transporte de dopamina (DAT) na sustancia negra”, sinala Cancela.
Con esta idea, usuarios e usuarias alternan sesións de remo e ciclismo, que levan a cabo nas contornas virtuais da súa escolla, o que lévaos a “pedalear por San Francisco ou remar polos canais de Venecia”, como apunta Cancela. Dotados dun sensor de cadencia, estes equipos permiten regular a intensidade do exercicio a través do software, “que establece unha distancia e un tempo para facer o exercicio e vailles dando información se van máis lentos ou máis rápidos”. Ao mesmo tempo, permiten combinar a actividade física cunha estimulación cognitiva, a través dunha “serie de toma de decisións durante o pedaleo”, tendo en conta que “o párkinson é unha patoloxía na que os programas de exercicio físico producen maiores efectos cando engaden estratexias cognitivas”.
Para o desenvolvemento deste programa, seleccionouse un grupo de pacientes “nos estadios 2 e 3 da enfermidade”, que implican xa certas “limitacións a nivel motriz”, como apunta o coordinador do grupo HealthyFit, José María Cancela. Con dúas sesións semanais, este grupo de participantes iniciou en marzo un programa que vai aumentando progresivamente a duración das sesións, para, partindo de cinco, tratar de chegar aos 15 minutos de exercicio a elevada intensidade. Co obxectivo de determinar os seus efectos sobre a sintomatoloxía motora e non motora, calidade de vida e capacidade funcional das e dos participantes, este programa vese complementado por unha serie de avaliacións para analizar tamén a súa percepción sobre o que supuxo o traballo con realidade virtual en termos de motivación, experiencia persoal ou usabilidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?