Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pedralonga Estudios recibe unha axuda de 4,87 millóns do IGAPE para a súa implantación na Cidade das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pedralonga Estudios recibe unha axuda de 4,87 millóns do IGAPE para a súa implantación na Cidade das TIC

S. P.
Publicado: 07/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Vista aérea da antiga Fábrica de Armas da Coruña, actual Cidade das TIC
Vista aérea da antiga Fábrica de Armas da Coruña, actual Cidade das TIC
O proxecto Centro de Produción Audiovisual Avanzada: Pedralonga Estudios, impulsado polo Clúster Audiovisual Galego, e xestionado pola sociedade que leva o seu mesmo nome, vén de recibir unha axuda de 4,87 millóns de euros a través do Programa Centros de Fabricación Avanzada do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), para a súa implantación na Cidade das TIC da Coruña.
En palabras do clúster, o proxecto supón un revulsivo para a actividade da agrupación empresarial, que nos últimos anos está a desenvolver un intenso labor na estruturación de proxectos colaborativos como liña estratéxica e que contribúe á competitividade do sector audiovisual galego.
Os 4,87 millóns de euros recibidos por Pedralonga Estudios, S.L. destinaranse á construción do CPAA: Pedralonga Estudios na Cidade das TIC. A asignación da Xunta, que cubre o 80% do investimento (de 6,11 millóns de euros), encádrase nunha liña de subvencións para centros de fabricación avanzada, que ten por obxecto impulsar a posta en marcha de proxectos de infraestruturas de uso aberto e compartido.
O CPAA: Pedralonga Estudios ocupará uns 5.500 metros cadrados en conxunto, nos que serán construídos dous escenarios de rodaxe, de 2.500 e 2.000 metros cadrados, dos cales non existe ningún das mesmas características operando en España. Tamén contará con outras instalacións complementarias como oficinas, vestiarios, camerinos, salas e almacéns por espazo doutros 1.500 metros cadrados adicionais anexos aos estudios.
O clúster engade que a infraestrutura Pedralonga Estudios supón “unha vantaxe competitiva para o sector audiovisual da nosa comunidade facilitando o seu posicionamento internacional no mercado de atracción de rodaxes; ademais o seu emprazamento na Cidade das TIC reforzará o ecosistema TIC cunha infraestrutura de vangarda”.
Da materialización do proxecto encargarase a sociedade Pedralonga Estudios, S.L. conformada polas empresas Portocabo, TEX45 Producións, Vaca Films, Voz Audiovisual, Congo Producciones, Zenit Televisión, Producciones Audiovisuales Sete Media, Undodez, Avendaño Estudio e Centro de Estudios Marcote, e polo propio Clúster Audiovisual Galego, o que garante o carácter sectorial desta iniciativa. Tamén participará na xestión das instalacións a Universidade da Coruña.
O CPAA: Pedralonga Estudios completarase cun Plan de Dinamización do ecosistema audiovisual TIC que incluirá un Plan de Formación a desenvolver no centro de produción audiovisual avanzada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?