Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A innovación e o emprendemento rural europeo centran un evento de FEUGA este 20 de xuño
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A innovación e o emprendemento rural europeo centran un evento de FEUGA este 20 de xuño

S. P.
Publicado: 10/06/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

innovation-guide_20-large-768x512.jpgDa idea ao mercado: impulsando o emprendemento rural a través da innovación é o título dun evento organizado pola Fundación-Empresa-Universidade Galega, ao abeiro da súa participación no proxecto europeo InnovationGUIDE (enmarcado na convocatoria European Innovation Ecosystem, que fomenta a interacción dos ecosistemas de emprendemento de España, Turquía, Países Baixos e Malta). Será este 20 de xuño en Santiago, na sede de FEUGA no Campus Sur da USC. En concreto, porase o foco en potenciar as oportunidades do emprendemento rural en sectores cruciais como como a agricultura, o turismo sustentable, a bioeconomía e a economía azul. Participan iniciativas de éxito da nosa terra mostrando cadansúas experiencias.
Espazo de inspiración
Segundo informa a fundación, “non só será unha oportunidade para conectar cos principais actores do sector, incluíndo emprendedores, ONG, académicos e organismos públicos, senón que tamén será un espazo para inspirarse con exemplos reais de boas prácticas, discutir necesidades que servirán de base para transmitir solucións innovadoras aos desafíos que enfronta o emprendemento rural en Europa”.
FEUGA engade que “ao ser parte de InnovationGUIDE”, as e os participantes “entrarán nunha rede internacional que integra a diversos actores que se enfrontan a retos similares, accederán a información sobre oportunidades de financiamento, boas prácticas en igualdade de xénero e información sobre as actividades do proxecto”.
FEUGA explica que InnovationGUIDE está comprometido en establecer unha asemblea de innovación interrexional, conectando con ecosistemas de innovación en Turquía, Países Baixos e Malta, cunha visión a longo prazo para mellorar o crecemento económico nas áreas rurais. “Estas sinerxías permitirán desenvolver novas ideas, produtos e servizos que aborden os retos e oportunidades locais en emprendemento rural”, explica a fundación.
Catro eventos propostos
O encontro deste 20 de xuño será un dos 4 eventos propostos (un por cada país participante) no marco deste proxecto europeo para avanzar na identificación das barreiras e oportunidades do fomento de emprendemento en ecosistemas rurais co obxectivo de obter un marco común homoxéneo que transmitir en forma de políticas e guías de transferibilidade a outros ecosistemas.
Dous bloques na cita de Santiago
microsoftteams-image-19-768x512.jpg O programa busca analizar os retos e oportunidades desde o punto de vista de emprendedores, empresas tractoras do sector, investigadores e institucións públicas, está dividido en dous bloques. O primeiro, dedicado a analizar barreiras e identificar oportunidades para o impulso do emprendemento rural nos 4 sectores analizados, contará con relatores como Tania Blanco, COO de Salmoira; José Cuadrado Oural, promotor de Terras da Mariña; Oscar Rodil Marzabal, profesor e investigador de Desenvolvemento Económico e Innovación na Universidade de Santiago de Compostela; Lucía Afonso, pastora de abellas en Sovoral; Juan Carlos Pérez Rodríguez, CEO de Aldealista; Juan Picos, profesor e investigador de Enxeñería Agroforestal na Universidade de Vigo ou Jacobo Garcia Durán, director de Turislab. Na segunda parte da cita, expertos convidados falarán do proceso que implica impulsar a idea ó mercado no rural. Así, Higinio Mougán Bouzon, director de Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias; Beatriz Suárez Sánchez, directora do área de desenvolvemento rural da Fundación Juana de Rivas; Carmen Pumariño Álvarez da asociación Startup Galicia ou Manuel Soliño, presidente da Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN+) serán algúns dos participantes na mesa de debate.
O evento contará, como complemento, cun espazo expositivo con stands de empresas e emprendedores rurais, que poderán achegar o seu traballo ao público no espazo da pausa-café, tamén un momento de networking para todos os asistentes.
O proxecto InnovationGUIDE está integrado pola Asemblea de Exportadores Turcos (TIM), a Universidade de Maastricht, a Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), o Malta College of Arts Science and Technology (MCAST), a Asociación de Emprendedores Sociais de Malta (SEAM) e o StartupCentrum.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?