Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo estrea campaña publicitaria nas redes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo estrea campaña publicitaria nas redes

S. P.
Publicado: 10/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

1280x720_mais_uvigo7.jpgA nova campaña de comunicación institucional da Universidade de Vigo ven de facerse pública, trátase dunha acción comunicativa que chega baixo o lema: Máis UVigo, e está protagonizada polos personaxes da súa Canle de TikTok, UVigoShow. Está encamiñada á mocidade galega de entre 17 e 23 anos, cun especial reforzo nas zonas nas que se atopan os tres campus, sendo o seu obxectivo potenciar a institución como primeira opción do potencial alumnado para realizar os seus estudos universitarios.
Desenvolverase entre os meses de xuño e xullo de acordo coas datas das convocatorias ordinarias e extraordinarias da ABAU e cos períodos clave de busca de titulacións universitarias e matriculación. Asemade, complementaranse dúas fases simultaneamente: unha de maior envergadura (que durará todo o mes de xuño), co fin de converter a UVigo nunha referencia para o público obxectivo principal, e outra fase (nas últimas semanas) nas que se buscará gañar a súa preferencia.
A través de diferentes pezas, as espectadoras e espectadores da nova campaña volveranse atopar con Jéssica, a nini viguesa (a quen a mascota Oli espertou a súa fibra académica no transcurso da miniserie da rede social onde se presentan de modo humorístico as titulacións da UVigo), imaxinándose enxeñeira ou filóloga. No audiovisual pódese apreciar que houbo unha evolución fronte á súa desidia inicial e que agora xa é unha persoa chea de soños nos que o seu futuro pasa pola formación nalgunha das titulacións que se imparten na UVigo.
Nunha segunda peza promocional, o seu compañeiro de andanzas, Álvaro, ten unha revelación para ampliar o seu negocio, grazas ás titulacións académicas que se imparten no campus de Ourense, un vídeo no que se volveu contar co apoio da Deputación de Ourense para promocionar e dinamizar os estudos deste campus.
A institución viguesa busca seguir reforzando o sentimento de pertenza a través da difusión das melloras en todos os eidos do liderado e reputación da Universidade de Vigo, desde a súa calidade investigadora e de transferencia de coñecemento ata o seu compromiso coa ética, a lingua e a cultura do territorio no que se asenta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?