Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Estudantes da UVigo contribúen a materializar unha aplicación de RV para reducir o estrés no alumnado
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Estudantes da UVigo contribúen a materializar unha aplicación de RV para reducir o estrés no alumnado

S. P.
Publicado: 11/06/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_calmcampus_polonia1.jpgTraballar en grupos internacionais testando diferentes contornas e sentando os alicerces de novas aplicacións de Realidade Virtual para fomentar a calidade de vida no ambiente universitario foi o cometido de cinco estudantes da UVigo na experiencia inmersiva CalmCampus, celebrada na Universidade Politécnica de Lodz. Seleccionados a través dunha bolsa ofrecida polo proxecto VRxanny, no que se insería o workshop CalmCampus, os e as cinco estudantes foron elixidos de entre máis de preto dunha trintena de candidatos da UVigo, sen restrición de campus ou titulación.
Na súa experiencia en Polonia, Anxo Gesto e Pablo de las Llanderas, do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación; Juan José López Escobar, do Programa de Doutoramento en Tecnoloxías da Información e Comunicacións; María Cerdeira, do Programa de Doutoramento en Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento e Paola Costa, do Grao en Tradución e Interpretación, estiveron acompañados polos docentes e investigadores Itziar Goicoechea, da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e Iñigo Cuiñas, da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.
uvigo_calmcampus_polonia3.jpgO proxecto VRxanny, lembra Itziar Goicoechea, “busca desenvolver unha aplicación de Realidade Virtual con diferentes escenarios e actividades para promover a redución dos niveis de estrés nos estudantes cando se enfrontan a un exame”. Segundo indica, este problema viuse agravado coa pandemia, de xeito que “cando se solicitou o proxecto, estimouse que un 20% do alumnado sufría estrés de xeito continuado (e, por suposto, unha porcentaxe máis grande en momentos puntuais do curso). E para o comezo do proxecto, aló por novembro de 2021, a porcentaxe de estudantes con estrés continuado subira ao 40%”, explica a docente da UVigo.
Nesta recta final do proxecto, os promotores propuxéronse probar a aplicación de RV con alumnado das universidades do consorcio que participan en VRxanny: Universidade Politécnica de Lodz, Universidade de Vigo, Universidade de Tartu en Estonia, e Universidade de Lodz en Polonia, para o que organizaron o obradoiro CalmCampus, no que o alumnado traballou en grupos internacionais para testar as diferentes contornas, proporcionar a súa opinión sobre as cousas que funcionan ben e aquelas que deben mellorar, e pensar posibles novas aplicacións de realidade virtual no ambiente universitario, que poidan dar lugar a futuros traballos colaborativos.
“O obradoiro resultou moi proveitoso para os e as participantes, tanto profesorado como estudantes, que tiveron a oportunidade de relacionarse nun ambiente relaxado, de probar diferentes propostas de realidade virtual inmersiva, de desenvolver a súa propia creatividade, e tamén, por que non, de coñecer un país e unha cultura diferentes e moi interesante como é a polaca”, explican Goicoechea e Cuiñas.
No caso concreto do alumnado da UVigo, Anxo Gesto e Pablo de las Llanderas, do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación, e Juan José López Escobar, do Programa de Doutoramento en Tecnoloxías da Información e Comunicacións achegaron a súa visión tecnolóxica; mentres que María Cerdeira, do Programa de Doutoramento en Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento, e Paola Costa, do Grao en Tradución e Interpretación, sumaron puntos de vista dende ámbitos menos próximos á programación de aplicacións, pero fundamentais para crear a inmersividade que buscan as propostas de RV. A eles sumáronse estudantes de Psicoloxía da Universidade de Lodz, de diferentes enxeñarías da Universidade Politécnica de Lodz, e de varias titulacións (dende a enxeñaría ata artes) da Universidade de Tartu.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?