Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ipglobal Tech Hub e a aplicación Cluber, Premio ex aequo Iniciativa Emprendedora do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ipglobal Tech Hub e a aplicación Cluber, Premio ex aequo Iniciativa Emprendedora do CPEIG

S. P.
Publicado: 11/06/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ipgblogal.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) outorgará o Premio Iniciativa Emprendedora ao ecosistema empresarial Ipglobal Tech Hub da compañía coruñesa Ipglobal e á aplicación móbil galega Cluber para a dixitalización de clubes deportivos. Serán entregados no marco da XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia 2024, o vindeiro 21 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino en Santiago.
Ipglobal Tech Hub
David Bello, fundador e director executivo (CEO) de Ipglobal en 2003, explica que Ipglobal Tech Hub é “unha incubadora empresarial en continuo movemento que está orientada a crear, deseñar, desenvolver e, sobre todo, potenciar modelos de negocio que, grazas a súa tecnoloxía, fanse máis rendibles”. Cada unha das empresas do Tech Hub traballa para dar servizo a importantes compañías de diferentes sectores, tanto fóra como dentro de España, pero, ao mesmo tempo, desde este ecosistema trátase de enfocar todo o coñecemento acumulado ao logo dos anos para crear desde cero e apoiar startups que se consideran con gran potencial de crecemento. Desde 2015, participou en máis de 12 empresas, das que actualmente segue formando parte, xerando máis de 300 postos de traballo de maneira directa e alcanzando unha facturación acumulada superior aos 22 millóns de euros durante o 2023. Entre as empresas participadas destacan Cluber, Civislend, Rentingfinders, Comunica ou Alkira Living.
“Consideramos que este resultado é máis que positivo e podemos dicir con orgullo que a ratio de viabilidade das startups nas que participamos multiplica o famoso 2 a 8 dos fondos de investimento, é dicir, 2 que sobreviven sobre 8 que morren. A nosa ratio actual é de 6 a 8, e sempre sen descoidar que as empresas do grupo sigan sendo pioneiras no seu, e que os seus accionistas vexan en nós ese partner estratéxico e tecnolóxico no que confiar os seus investimentos e, sobre todo, que os seus equipos atopen neste proxecto o estímulo que necesitan para sentirse que están cambiando a forma tradicional de facer as cosas e están creando un novo futuro. Logramos acceder ou mesmo crear tecnoloxía á vangarda da nosa época e puidemos e soubemos conectar o capital que nos confiaron para apostar e crecer no mundo das startups”, explica Bello, engadindo que o segredo do traballo de Ipglobal Tech Hub “é que cre firmemente no seu modelo, baseado no equilibrio entre persoas, cultura, tecnoloxía e os desafíos”. Destacan dous fitos relevantes na súa carreira: lograr vender o 100 % de seguromovil.com á aseguradora alemá Wert Garantie, e o 50 % de Premium Leads ao Grupo Vocento. Actualmente, a empresa lanzouse ao mundo da IA, a través dunha compañía chamada Embermind; ao eido da tecnoloxía na restauración coa compañía Placein; e tamén está moi afincada no sector do turismo a través de Pilgrim, que ofrece unha plataforma tecnolóxica aos seus clientes para que poidan deseñarse ao completo o seu itinerario no Camiño de Santiago.
clubber.jpgCluber
Cluber é unha app que co-fundaron catro amigos apaixonados polo deporte en 2018. Detectaron que a xestión administrativa dos clubes consumía moito tempo, e que ese tempo puidera dedicarse ao que realmente importa: os deportistas e o deporte. Desde entón, constrúe a mellor plataforma para usuarios, directivos e adestradores, co obxecto de facer progresar a todos os clubs a través da tecnoloxía.
“Iniciamos o noso proxecto con catro persoas e actualmente somos un equipo de máis de 30 colaboradores, a maioría galegos, traballando desde a nosa oficina na Coruña. Contamos con ambiciosos plans de expansión e estamos comprometidos en sumar máis talento ao noso equipo”, sinala o CEO de Cluber, Diego López. Actualmente, a ferramenta axuda a máis de 1.000 entidades en toda España a ofrecer unha mellor experiencia aos seus socios. Desde a súa plataforma, o club centraliza toda a xestión de inscricións e calquera tipo de ingreso como o cobro de cotas, venda de entradas e merchandising, entre moitas funcionalidades, dunha forma rápida, fácil e sin complicacións.
Segundo sinala Diego López, os clubs poden aforrar ata 800 horas de traballo administrativo ao ano, o que significa un aforro de miles de euros, permitindo investir o diñeiro no desenvolvemento do deporte e das comunidades sobre as que teñen impacto. En canto a usuarios, hoxe a aplicación ten máis de 700.000 deportistas e titores que a utilizan todos os días.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?