Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O videoxogo español facturou 1.383 millóns en 2022 e reclama o incentivo fiscal para chegar aos 5.500 en 2026
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O videoxogo español facturou 1.383 millóns en 2022 e reclama o incentivo fiscal para chegar aos 5.500 en 2026

S. P.
Publicado: 12/06/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

videoxogos_libro_blanco_2023.jpgO videoxogo español continúa na senda do crecemento e en 2022 rexistrou unha facturación de 1.383 millóns de euros, o que lle permitiu dar traballo a 9.261 persoas de maneira directa (14.018 se sumamos traballadores autónomos e outros empregos indirectos), segundo as cifras publicadas na décima edición do Libro Branco do Desenvolvemento Español de Videoxogos 2023, publicado por DEV, a Asociación Española de de Empresas Produtoras e Desenvolvedoras de Videoxogos e Software de Entretemento e presentado onte na sede de ICEX España Exportación e Investimentos.
Segundo se desprende dos datos do libro, o sector facturou en 2022 un 8% máis respecto ao ano anterior e estima chegar aos 1.880 millóns en 2026. Unha situación similar á do emprego na industria, que creceu un 4,8% en 2022 e prevé empregar a máis de 12.000 persoas en 2026.
Na presentación a asociación remarcou o impacto e a importancia que tería a posta en marcha dun “incentivo fiscal no sector”. Tal e como se detalla no informe publicado pola Asociación o pasado mes de decembro, en caso de aprobarse, en 2026 o sector multiplicaría por catro a súa facturación ata os 5.500 millóns e daría traballo a máis de 23.000 persoas.
O videoxogo español conta con 790 estudos de desenvolvemento activos dos que 460 están constituídos como empresa. Cataluña convértese no principal motor do sector, tanto en termos de facturación (51%) como de emprego (50%). Cataluña (30%) e Madrid (21%) son as comunidades que acollen a máis estudos, seguidas de Andalucía (14%) e a Comunidade Valenciana (8,9%). O 51% dos estudos aínda factura menos de 200.000 euros ao ano mentres que o 31% da facturación concéntrase en empresas que facturan máis de 50 millóns de euros anuais.
O Libro Branco, en números
No informe constátase que o videoxogo español continúa “a súa consolidación” como o demostra o feito de que os estudos son cada vez máis lonxevos. Ata un 66% ten máis de cinco anos de antigüidade e só un 11% creouse hai menos de dous anos. A pesar de este dato, continúan sendo maioría (51%) os estudos que facturan menos de 200.000 euros ao ano. Por contra, os estudos que facturan máis de 50 millóns de euros ao ano son responsables de case un terzo (31%) da facturación en España, onde aínda dominan os estudos de menos de dez empregados (68%) aínda que son as empresas de máis de 50 traballadores as responsables de empregar ao 47% do sector.
O emprego feminino continúa a tendencia á alza e este ano representa o 26,4% do total, motivo polo que o Libro Branco deste ano dedicou un capítulo para resaltar voces femininas dentro do sector e dedicou a súa portada ás protagonistas de tres videoxogos españois lanzados en 2023: In the Shadows (Dead Píxel Talles), American Arcadia (Out of the Blue Games) e Koa and the Five Pirates of Mara (Chibig, Talpa Games e Undercoders).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?