Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Ourense e o Catastro achegan ferramentas virtuais e participativas á cidadanía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Ourense e o Catastro achegan ferramentas virtuais e participativas á cidadanía

S. P.
Publicado: 13/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_ourense_240612_web_xornada_administracionaberta.jpgO presidente provincial, Luis Menor, o director de Área de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación, Marcos Valiño; e Javier García, delegado de Economía e Facenda en Ourense, presentaron á cidadanía e aos alcaldes e alcaldesas da provincia diferentes contidos virtuais destinados aos concellos e á veciñanza. Fixérono no marco dos actos da Semana da Administración Aberta.
Menor sinalou que desde a Deputación “estamos a traballar para estar á vangarda dos servizos dixitais, e así poder ofrecer á veciñanza e aos concellos da provincia solucións cada vez máis áxiles, transparentes e en tempo real. E todo elo facémolo asumindo investimentos importantes e colaborando con diferentes institucións, como neste caso o Catastro”.
As ferramentas amosada pola entidade supuxeron un investimento de 2 millóns de euros, son tres iniciativas baseadas en renovar o sistema do padrón municipal en todos os municipios da provincia (padrón online); en poñer a disposición da cidadanía unha oficina virtual de atención ao cidadán, operativa as 24 horas do día mediante Intelixencia Artificial; e a creación dun espazo semántico de coñecemento de toda a provincia de Ourense.
Lembrou tamén Menor que en paralelo a estas accións, a Deputación investiu outro millón de euros en renovar a versión dixital do Boletín Oficial da Provincia, operativa xa desde marzo; e tamén está a piques de rematar a actualización do aplicativo da Recadación Provincial, que estará operativo a finais de ano. “Agardo e desexo que estes avances sirvan para seguir aplicando as posibilidades das novas tecnoloxías en beneficio dos concellos e da veciñanza da nosa provincia”, sinalou o presidente provincial”, anunciando que na Deputación “continuaremos facendo o que debemos facer: cooperar e ser unha administración útil para todos os municipios de Ourense”.
Pola súa banda, a Xerencia Territorial do Catastro, a través de Javier García, delegado de Economía e Facenda en Ourense, presentou as súas solución virtuais: un novo servizo opcional para que a veciñanza poida ser atendida por persoal da Xerencia Territorial do Catastro a través de vídeochamada; unha aplicación móbil para facilitar as consultas e as xestións dos cidadáns co Catastro; e un novo asistente virtual ao cidadán na Sede Electrónica do Catastro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?