Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cruz Vermella, Alexa e Amazon Web Services recibirán o Premio E-Inclusión do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cruz Vermella, Alexa e Amazon Web Services recibirán o Premio E-Inclusión do CPEIG

S. P.
Publicado: 14/06/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

cruz_vermella_alexa_9.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vai conceder o Premio E-Inclusión da XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia de 2024 a Cruz Vermella, Alexa e Amazon Web Services (AWS) en recoñecemento á colaboración mantida entre estas tres entidades para combater o illamento e a soidade non desxeada, dúas situacións que se viron especialmente visibilizadas pola pandemia, que puxo de manifesto novas necesidades entre a sociedade, sobre todo entre perfís en situación de vulnerabilidade e persoas maiores.
Co fin de contextualizar as razóns deste galardón, o CPEIG lembra que durante o confinamento pola COVID-19, Cruz Roja (Cruz Vermella) e a súa Fundación TECSOS xunto con Alexa, o servizo de voz de Amazon, e varias organizacións colaboradoras, crearon unha Skill (funcionalidade) de Alexa co obxecto de brindar información e recursos accesibles por voz ás persoas que non tiñan acceso a outros medios dixitais, facilitando a superación da fenda dixital. Esta tecnoloxía, de uso doado coa propia voz, facilitaba a relación entre persoa e dispositivo, contando ademais con pantalla onde visualizar a información. Isto incluía contidos relativos á pandemia, exercicios físicos e consellos de primeiros auxilios, entre outros. Ademais, a ONG realizou un proxecto piloto no que distribuíu 100 dispositivos Echo con Alexa a diferentes perfís de persoas beneficiarias en varias rexións de España, para avaliar como estes asistentes de voz podían axudar a mellorar a vida das persoas que se atopaban nalgún tipo de situación vulnerable, recompilando datos a través de entrevistas, tanto a persoas usuarias como a voluntarias.
Durante este proxecto piloto, Cruz Vermella colaborou con Amazon Web Services (AWS) para implementar unha solución baseada nun datalake (lago de datos) na nube que lles permitira automatizar a captura e análise de datos anonimizados sobre o uso destes dispositivos Alexa Echo, así como visualizar os resultados de maneira sinxela.
Deste modo, o que antes tomaba semanas de traballo manual recompilando e analizando datos, agora obtíñase en tempo real grazas aos servizos de analítica e procesamento de datos na nube de AWS.
O proxecto piloto tivo moi bos resultados e a iniciativa estase estendendo a todo o territorio español co obxecto de chegar a 28.634 persoas que viven soas, que recibirán, ademais dos dispositivos con Alexa en si, sesións informativas sobre o seu uso e estarán acompañados pola rede de voluntariado de Cruz Roja que os atende habitualmente.
Para poder xestionar este volume de dispositivos, Cruz Vermella apostou por Alexa Smart Properties. Este servizo, que simplifica o uso e xestión de dispositivos con Alexa integrada, está deseñado para integrarse coas ferramentas tecnolóxicas da ONG e ofrecer experiencias de valor engadido e personalizadas en función das necesidades de cada persoa. En base a isto, Cruz Vermella desenvolveu novas funcionalidades a través de novas Skills para Alexa, que impulsarán e utilizarán na súa intervención as oportunidades que ofrecen as tecnoloxías da comunicación para ampliar o alcance dos servizos que presta ás persoas en situación de vulnerabilidade. A combinación de uso da voz e a imaxe, da man da Intelixencia Artificial que dá orixe aos asistentes de voz con pantalla, está abrindo novas oportunidades na súa acción.
Un proxecto innovador como este, que manexa datos sensibles de persoas, está sendo despregado na nube de Amazon Web Services (AWS) debido a que os seus servizos cloud ofrecen o máximo nivel de seguridade, escalabilidade, flexibilidade, cumprimento normativo e innovación constante, garantindo así un entorno confiable e de vangarda para esta importante iniciativa de Cruz Vermella.
Na Noite da Enxeñaría en Informática
O galardón entregarase na XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que se celebrará o 21 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago. Un representante de Cruz Vermella, un representante de Alexa e o responsable da Vertical de Organizacións Sen Ánimo de Lucro de Amazon Web Services (AWS), Ignacio Gilart, recollerán a distinción no acto de entrega de premios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?