Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: CRI-TIC formará aos máis pequenos en competencias dixitais dende a CeMIT de Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

CRI-TIC formará aos máis pequenos en competencias dixitais dende a CeMIT de Pontevedra

S. P.
Publicado: 17/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_pontevedra.jpgA Deputación de Pontevedra impartirá neste mes de xullo dous cursos para formar aos nenos en competencias dixitais, unha proposta que se enmarca dentro do proxecto CRI-TIC, Infancia e Xuventude con criterio dixital da Fundación Esplai Cidadanía Comprometida, que ten como obxectivo principal favorecer a adquisición de competencias tecnolóxicas, buscando a inclusión dixital desde a infancia.
Os cursos, que se desenvolverán entre o 1 e o 22 de xullo, están enfocados a nenos de 9 a 11 anos, por unha banda, e de 14 a 17, pola outra, e están deseñados para ensinar á rapazada conceptos básicos de ferramentas informáticas, usos seguro e responsable de Internet, programación, robótica educativa, impresión 3D, ou Realidade Virtual.
Segundo informou a Deputación de Pontevedra, cada un dos cursos teñen como obxectivo desenvolver habilidades como a creatividade, o pensamento crítico e o traballo en equipo a través de actividades lúdicas e participativas. Constan dun total de cinco etapas, nas que o alumnado deberá superar un total de seis misións cunha duración estimada de 60 minutos.
O primeiro dos cursos, de competencias básicas, é para nenos de 9 a 11 anos e desenvolverase de luns a venres de 11:30 a 13:30 horas. Os cativos descubrirán os beneficios das TIC, as fake news, que é a identidade dixital e a netiqueta, así como a previr o ciberacoso, protexer os seus datos persoais e dispositivos, ou sobre bibliotecas dixitais, ferramentas de deseño e participación cidadá.
O segundo dos cursos, o que está enfocado a rapaces de 14 a 17, desenvolverase tamén de luns a venres de 9:30 a 11:30 horas e, neste caso, aprenderán sobre redes sociais e saúde mental, protección de datos persoais e privacidade, identidade, pegada dixital e netiqueta, ocio saudable, ciberseguridade e prevención do ciberacoso, creatividade dixital e busca de emprego.
Ámbalas dúas iniciativas, que terán lugar do 1 ao 22 de xullo, celebraranse na Aula CeMIT de Pontevedra, situada no Edificio Administrativo da Deputación. Os interesados en asistir aos cursos poden inscribirse ata o 28 de xuño a través do correo electrónico cemit.pontevedra@xunta.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?