Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo presenta o que sería o metaverso máis avanzado no sistema universitario español
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo presenta o que sería o metaverso máis avanzado no sistema universitario español

S. P.
Publicado: 18/06/2024
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

metaverso_uvigo_pometaverso1.jpgEste martes 18 de xuño presentáronse os detalles de UNIverso UVigo, o proxecto de metaverso desenvolvido pola Universidade, un “novo espazo de cooperación de aprendizaxe”, como destacou o vicerreitor de Profesorado e Ordenación Académica, Martín López Nores. Impulsado ao abeiro dunha liña de axudas da Xunta para a virtualización de laboratorios, tratase do resultado de dous anos de traballo que a día de hoxe constitúe a proxecto de metaverso que conta co “desenvolvemento máis avanzado” dentro do sistema universitario español.
O reitor, Manuel Reigosa; o secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, Alberto Díez de Castro; o vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente, Alfonso Lago, a vicerreitora do campus de Pontevedra; Eva María Lantarón, e a decana da Facultade de Comunicación, Emma Torres, participaron, xunto a López Nores, nun acto que permitiu coñecer as funcionalidades actuais de UNIverso UVIgo e as que se implantarán nos próximos meses, así como os traballos realizados nesta facultade para deseñar Simulacro, aplicación inserida neste metaverso que permite desenvolver labores de realización, dirección de fotografía e manexo de cámaras nun escenario virtual.
Concibido, coa idea de que non fose “un xemelgo dixital” da Universidade, UNIverso UVigo naceu como unha “ferramenta que non vén para substituír nada, senón para complementar dun xeito moi efectivo e moi atractivo as tarefas docentes”, subliñou Reigosa.
O reitor agradeceu o apoio da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, que investiu 115.000 euros neste proxecto, como lembrou Díez de Castro.
López Nores lembrou que a UVigo iniciou en 2022 o proceso de deseño dun “metaverso propio”, que o pasado curso levou a unha “convocatoria interna de proxectos de innovación docente”, xa que a idea era que UNIverso UVigo medrase a partir das necesidades e propostas do persoal docente e investigador. Esta convocatoria deu como resultado proxectos como Simulacro e outras iniciativas que se atopan en fase de desenvolvemento, explicou, como a proposta da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo de deseñar “ferramentas para visualizar órbitas e percorridos dos drons cos que traballan”, ou o “emprego inmersivo de ferramentas de CAV en contornas 3D” proposto pola Escola de Enxeñería Industrial. Ao mesmo tempo, na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación probáronse as posibilidades deste espazo para unha “interacción inmersiva con fórmulas matemáticas complexas”.
O vicerreitor definiu este metaverso como “unha contorna virtual compartida”, que irá “medrando de xeito orgánico a partir das percepcións de interese, utilidade e valor engadido” procedentes de diferentes áreas, tendo en conta ademais as posibilidades que outorga este espazo virtual para “superar algunhas limitacións” no referido aos “colos de botella” que con frecuencia implica a dispoñibilidade de equipamentos, laboratorios ou materiais para uso docente.
pometaverso9.jpg UNIverso UVigo, engadiu o vicerreitor, será tamén un metaverso “no que atoparse e gozar de interaccións aumentadas”, en espazos comúns nos que poden desenvolverse conferencias, presentacións de estudos, reunións ou titorías. Ao mesmo tempo, neste metaverso intégranse tamén “servizos propios da UVigo”, como Moodle ou Campus Remoto e conta cun “servizo de escritorio virtual de baixa latencia”, que permite empregar “software de uso académico cunhas condicións moi optimizadas”.
Por outra banda, as posibilidades dun metaverso en materia de innovación docente constitúen “un eido de investigación aínda moi pouco transitado”, recoñeceu López Nores, quen ve nesta ferramenta unha oportunidade para avanzar na investigación neste eido, ao tempo que “resolven necesidades docentes”. Nese senso, o vicerreitor sinalou que o progresivo crecemento desta iniciativa permitiu a recente concesión á UVigo do “premio ao mellor espazo educativo audiovisual nun evento moi importante a nivel europeo” centrado nos servizos de información das universidades.
O acto completouse coa demostración da aplicación de realidade virtual Simulacro, presentada polo vicedecano Oswaldo García. O seu obxectivo é “simular procesos de creación audiovisual para facilitar a aprendizaxe de rutinas de produción”, vinculadas con múltiples parámetros de iluminación ou co posicionamento de cámaras. Como explicou, trátase dunha “primeira versión operativa” dun proxecto que se prevé poida ir sumando novos desenvolvementos nos próximos anos e no que contaron tamén co financiamento da Fundación Vietsch.
Cunhas lentes de Realidade Virtual, as e os estudantes poden “modificar a posición e configuración de diferentes fontes de iluminación”, así como mover e empregar diferentes cámaras nun escenario virtual, que conta ademais con diferentes sets. Partindo da idea de que na aprendizaxe “dos fundamentos da linguaxe audiovisual”, ademais dunha “base teórica”, a práctica é fundamental para “interiorizar o funcionamento e potencial da narrativa audivosual”, esta aplicación permite realizar “dun xeito moito máis rápido, máis seguro e accesible” modificacións como cambios de iluminación.
Ao mesmo tempo, un menú que se desprega no brazo do avatar permitirá observar “en tempo real o efecto” das modificacións que realicen de diferentes parámetros en cada unha das cámaras. Ideado para un “fluxo de traballo” de cinco persoas, nas que unha asume os labores de dirección de fotografía, outra a de realización e outras tres o manexo das cámaras, esta aplicación permite tanto que o alumnado se achegue ás diferentes facetas dun proceso de produción, como probar e gravar escenas ou levar a cabo, de xeito virtual, “proxectos audiovisuais complexos”. Ao mesmo tempo, a aplicación permite a participación, sen lentes de Realidade Virtual, dun segundo tipo de usuarios, que poden “monitorizar as decisións dos seus compañeiros”, nos diferentes roles dun proceso de produción. Nese senso, García incidiu en que aínda que existen “limitacións” e ámbitos de mellora, o obxectivo é que o próximo curso poidan levarse a cabo diferentes “experiencias” con esta aplicación en varias materias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?